Mosteiro de San Pedro de Soandres

Arquitectura relixiosa
A Laracha

Saber máis sobre Mosteiro de San Pedro de Soandres

Os datos conservados respecto da súa orixe parecen situa-la súa fundación no primeiro cuarto do século X. Segundo o historiador López Ferreiro, consérvase nos índices do arquivo de San Martiño Pinario un documento sobre o mosteiro de Soandres, onde viviu o obispo Don Nuño, que fai referencia a unha sentenza dada no ano 922, estando en Soandres co conde Froilán Menéndez. Lucas Álvarez atribúe a fundación do mosteiro aos pais de Conde Pelayo, que realizan unha doazón a esta igrexa nun documento datado no ano 990.

Desde a súa fundación este templo benedictino posúe unha notable importancia ao exercer influencia sobre gran parte do que hoxe coñecemos como Bergantiños.

Ata o ano 1351, e durante catro séculos, o mosteiro de Soandres estaba baixo o padroado de san Salvador. Foi entón cando o rei de Castilla, Pedro I, nunha demostración da protección que lle profesaba ao templo, decidiu eximilo de pagar os impostos de “xantare e colleita”. As monxes, como amosa de agradecemento, cambiaron a dedicación do cenobio a san Pedro.

Foi a finais do século XV e principios do XVI cando o mosteiro comeza a perder privilexios debido á reforma dos reis Católicos. O templo convértese nesta época nun priorato dependente do mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela, unión confirmada polo papa Alejandro VI o 1 de outubro do ano 1500.

A vida monástica remata o 6 de decembro do ano 1835. O mosteiro perde as súas propiedades e a súa función limítase, desde entón, á de igrexa parroquial.

Faros, ríos, praias e moito máis na Costa da Morte

Outros lugares de interese en A Laracha

Festa da Fabada de Paiosaco
A finais de setembro e principios de outubro realízase a colleita das habas, e p...
Área recreativa de Gabenlle
A praia fluvial atópase en Gabenlle, parroquia de Torás, a 500 metros do casco u...
Espazo natural Razo-Baldaio
Descubre el Espacio Natural de Razo-Baldaio: Un santuario de natureza en la Cost...
Miradoiro de Santa Marta
Está situado no alto do Monte de Santa Marta, entre as parroquias de Coiro, Soan...
Paseo Maritimo de Caión
Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Praza de Eduardo Vila Fano Longitud...
Caión (A Laracha)
A praia de Caión é recoñecida pola constancia das súas olas, especialmente na te...
Museo de Golmar – Muiños da Auga
Na Casa Reitoral de Golmar atópase o Centro de Interpretación dos Muíños de Auga...
Mosteiro de San Pedro de Soandres
Os datos conservados respecto da súa orixe parecen situa-la súa fundación no pri...
A Laracha: Mirador de Santa Marta
Outro lugar elevado e afastado dos núcleos urbanos para ter unha noite tan só il...
Ruta dos menhires.
CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS: Kilómetros totais: 43 kilómetros. Accesos en vehículo:...
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.