- Percorrido: Circular
- Punto de partida/llegada: Laxe
- Lonxitude: 4,6 km.
- Duración aproximada (ida e volta): 2 h.
- Dificultade: Fácil
Trátase dunha ruta sinxela, sinalizada como PR-G 70 (sendeiro de pequeno percorrido), a cal percorre todo o litoral este de Monte Insua ata o Faro de Laxe e fai o camiño de volta a través da súa cara oeste ata rodear a montaña.
Con este percorrido podemos visitar algúns dos lugares máis emblemáticos de Laxe á vez que sentimos a forza da mar e as paisaxes tan duros como fermosos da Costa da Morte.
A ruta iníciase no Paseo Marítimo de Laxe, onde podemos observar o panel informativo.
De aí nos desprazamos polo pobo ata a igrexa de Santa María de Atalaia, de estilo gótico mariñeiro.
Desde o pobo emprendemos o camiño ao faro, facendo unha parada no miradoiro da Insua, onde recollemos a paisaxe.
Deixamos a estrada ao faro para adentrarnos no sendeiro que dá a volta ao Monte Insua, o cal nos leva á vella canteira da que se estraxo a rocha para construír o porto de Laxe.
Seguimos o noso camiño polo sendeiro sinalizado ata chegar á Furna do Asno, na que o mar rompe con gran forza no acantilado.
Continuamos o camiño ata chegar ao punto máis alto da ruta, para a continuación ir perdendo altura sobre os acantilados con dirección a Punta de Boi e Punta Insua.
Chegamos ao faro, lugar no que podemos facer un descanso e deleitarnos coas irmosas vistas do Mirador do Faro de Laxe ou de Punta Insua.
Neste lugar debemos deternos a contemplar a escultura de “A espera”, unha homenaxe a todos os homes do mar e ás súas mulleres, que esperan impacientes a súa chegada a porto.
Continuamos de novo polo sendeiro rodeando a vertente oeste e baixando por un tramo polo que debemos extremar a precaución xa que é rochoso, sobre a Furna da Espuma e a pedra dos enamorados.
Un lugar onde atopamos declaracións de amor esculpidas na roca onde destaca a realizada polo xeólogo Isidro Parga Pondal, sobriño neto do poeta Eduardo Pondal.
Tras pasar por Baleeira chegamos a un dos lugares máis coñecidos de Laxe: a praia dos cristais.
Aquí podemos sorprendernos cos reflexos e a colorido dos miles de cristais pulidos que conforman a praia, pero debemos ter presente a necesidade de respectar o lugar e non meter ningún no bolsillo.
Desde este punto, e pasando polo orixinal cemiterio, volvemos de novo ao cruzamento do Mirador da Insua e ao centro de Laxe.
Finalizamos a ruta paseando polo paseo e praia de Laxe onde os máis veteranos recoñecerán o famoso “Portozás” da serie da TVG Mareas Vivas.
Tanto a praia de Laxe como a cercana de Soesto son ideais para completar a xornada, así como visitar e observar o complexo e as aves acuáticas que animan na lagoa de Traba.
Acceso á ruta no noso perfil de wikiloc