Polos dólmenes de Soneira e Bergantiños

Dumbría

Saber máis sobre Polos dólmenes de Soneira e Bergantiños

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS da Ruta polos dólmenes de Soneira e Bergantiños:

  • Kilómetros totais: 43 kilómetros.
  • Accesos en vehículo: Dolmen de Dombate, Pedra Vixía (por pista de terra) Mina de Recesindes.

Accesos a pé:

  • Fornela dos Mouros: 350 desde o lugar de Aprazadoiro.
  • Arquiña de Vilaseco: 80 metros desde a estrada.
  • Casota de Freáns: 700 metros desde en núcleo de Berdoias.

A nosa ruta comeza por un dolme pouco coñecido, pero que se atopa entre os máis destacados da Costa da Morte. Trátase de Pedra Vixía, case escondida no interior do bosque, na parroquia de Lamas, no Concello de Zas. A pesar de que na década de 1950 un veciño tratou de aproveitar as súas pedras para a construción dunha casa, aínda conserva bastante ben a súa estrutura orixinal e impresiona o tamaño das sete pedras da cámara. Moi cerca, localízase tamén a área recreativa de Pedra Vixía, un espazo de lecer de gran interese ambiental e etnográfico situado a orientacións do río Zas.

A seguinte parada nos leva á considerada catedral do megalitismo galego, o dolme de Dombate. Este megalito, cantado polo bardo Pondal, é un dos mellor investigados actualmente. É o único monumento megalítico na Costa da Morte que conta cun centro de interpretación para acollida de visitantes. Dombate impresiona polas súas dimensións, pero tamén pola súa extraordinaria conservación cunha cámara e corredor practicamente íntegros e un conxunto de ídolos antropomorfos colocados de pé gardando a entrada da tumba. Porén, o elemento máis espectacular é o conxunto de pinturas do interior que os visitantes poden apreciar nunha réplica a tamaño real situada no seu centro de interpretación.

Desde Dombate nos diriximos a outro dolmen totalmente diferente. A poucos kilómetros, no lugar de Aprazadoiro, no concello de Laxe, atopamos A Fornela dos Mouros. O seu pequeno tamaño e a súa peculiar forma de caseta fan pensar que se pode tratar dun dolme xa tardío, non do neolítico senón dos inicios da Idade do Bronce, no segundo milenio a. C.

A seguinte etapa da ruta é un dolme igualmente singular situado no concello de Vimianzo, a Mina de Recesindes. Conserva a súa “mámoa” (túmulo) monumental pero o detalle máis singular é a disposición das losas verticais da súa cámara, traballadas ao milímetro para encaixar unhas con outras sen deixar un mínimo oco entre elas.

Continuamos polo concello de Vimianzo ata chegar á Arquiña de Vilaseco, preto do lugar do mesmo nome. Ao lado da estrada nos atopamos unha das mámoas de maior tamaño da Costa da Morte. O seu interior acolle un dolme, case intacto, do que afloran algunhas pedras na parte superior.

A última etapa nos conduce ao lugar de Berdoias. Desde a interesante aldea, camiñando uns 700 metros por un sendeiro entre terras de labor, xusto ao lado do camiño aparece a silueta inconfundible da Rota de Freáns, un dolmen atípico, de características similares á Fornela dous Mouros e que puido ser construído cara inicios da Idade do Bronce. No seu interior pódense ver gravados de cruzamentos e cazoletas. Ademais, non moi lonxe seguindo unha ruta circular de sendeirismo podemos visitar os petroglifos do Pedrouzo.

Rutas e sendeirismo

Outras rutas na Costa da Morte

Ruta Meigha Lirea en Cee

A Ruta Meigha Lirea é un espectacular percorrido de sendeirismo circular situado no corazón da Costa...

Paseo Maritimo de Caión

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Praza de Eduardo Vila Fano Longitud: 2 km Duración apro...

Paseo Fluvial Rio Anllons

Percorrido: Circular Punto de partida/chegada: Área recreativa de Gabenlle Lonxitude: 4,3 km ...

Polos dólmenes de Soneira e Bergantiños

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS da Ruta polos dólmenes de Soneira e Bergantiños: Kilómetros totais: 43 ki...

Ruta do Corredor Megalítico

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS: Quilómetros totais: 41 quilómetros. Accesos en vehículo: Pedra Cuberta, Ar...

O Monte Pindo. Miradas do Atlántico

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Igrexa do Pindo – A Moa Lonxitude: 4,00 km (ida) ...

PR-G 190 Ruta dos moliños da Ponte do Porto

Percorrido: Circular Punto de partida/chegada: A Ponte do Porto (Camariñas) Lonxitude: 4 km. Duració...

Desde Malpica a San Adrián

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Paseo Marítimo de Malpica. Ermita de San Adrián Lonxit...

Ruta de Corcubión ao faro de Cee

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Villa de Corcubión Lonxitude: 3,83 km (ida) Duración ap...

Ruta pola Armada

A Ruta pola Armada é unha pequena andaina chea de significado que coincide co tramo de entrada do Ca...
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.