O mar da Costa da Morte é á vez un aliado e un enemigo para a xente que vive nestas terras. A fiereza e intrincado da costa ocultan baixo a súa forza un tesouro de valor inigualable como é o marisco da Costa da Morte. Desde o percebe do Roncudo ata o longueirón de Fisterra, o marisco é un dos grandes reclamos destas terras cuxo produto destila un sabor a mar único no mundo.
Algúns dos mariscos que poderás degustar na Costa da Morte son o percebe, a nécora, os centos, os bogavantes ou as langostas dentro dos crustáceos e o longueirón, o berberecho, a ameixa, a navalla ou o mexillón dentro dos moluscos.
Ademais, estes produtos teñen datas especiais no calendario da Costa da Morte gozando de festas gastronómicas nas que poderás participar como son a do percebe en Corme (12 de Xullo), a da ameixa en Corcubión (primeiro sábado de agosto), a do longueirón en Fisterra (primeiro domingo de agosto) ou a do berberecho en Noicela, Carballo (21 de agosto) ou campañas como a dos Meses con R que levan a cabo pratos especiais utilizando esta clase de produtos.