Search
Close this search box.

Máis alá do mar

Gastronomía

Máis alá do mar da Costa da Morte

A gastronomía da Costa da Morte vai máis alá dos límites do mar. E é que a tradición e a calidade son dous elementos que sempre están asociados á Costa da Morte, como é a través da súa gandaría na que se conservan hábitos na alimentación do gando que repercuten de forma directa no produto final e a súa calidade elevándoa ás cotas máis altas. Exemplos diso son pratos como o cocido, o lacón con grelos ou os callos. Tamén na agricultura na que se manteñen métodos tradicionais de simiente e coidado que dan lugar a elementos como o pandemia e tradición que alcanzan o seu máximo nivel en zonas como a de Carballo, as legumes e hortalizas a través do haba da zona de Bergantiños ou os tubérculos a través da pataca de Coristanco considerada como a mellor de Europa.

Con esta variedade de produtos e a súa calidade a creación de festas gastronómicas era inevitable e así xorden datas como a festa do Raxo en Brántuas, Ponteceso (primeiro sábado de Xuño), a da cereza en Paiosaco, A Laracha (primeiro domingo de Julio), a da pataca en Coristanco (terceiro domingo de Setembro), a da fabada en Paiosaco, A Laracha (cuarto domingo de Outubro) ou a Faxía de Carnés unha festa centenaria dedicada aos callos (9 de Xullo).

Máis gastronomía na Costa da Morte

Mariscos, peixes e máis na Costa da Morte

Máis alá do mar
A gastronomía da Costa da Morte vai máis alá dos límites do mar. E é que a tradi...
Peixes e cefalópodos
A pesca é un dos grandes motores económicos da Costa da Morte e tamén unha das f...
Mariscos
O mar da Costa da Morte é á vez un aliado e un enemigo para a xente que vive nes...

Descobre os mellores restaurantes

Onde comer na Costa da Morte

Descobre os mellores lugares para desfrutar da auténtica gastronomía da Costa da Morte. ¡Sabor e tradición agásrdante en cada recuncho!