Search
Close this search box.

Ruta San Guillerme e Faro de Fisterra

Fisterra

Saber máis sobre Ruta San Guillerme e Faro de Fisterra

  • Percorrido: Lineal
  • Punto de partida/chegada: Porto de Fisterra
  • Longitud: 4.00 km (ida)
  • Duración aproximada (ida e volta): 2 horas
  • Dificultade: Media

O Faro de Fisterra, o fin do mundo, é o punto final de moitas rutas e peregrinacións.
Esta ruta ten como destino un dos lugares máis emblemáticos da Costa da Morte e de Galicia.
É unha ruta curta, pero hai que ter en conta os tramos de pronunciada subida desde o momento que saímos de Fisterra ata a cima do monte.

Parte do porto bordeando a liña de costa en dirección ao Castillo de San Carlos, fortificación do s.
XVIII, continuando despois ata a Igrexa de Santa María das Areas.

Despois de visitar esta igrexa, comeza a subida ao Monte San Guillermo, collendo unha desviación a man dereita, a uns 100 m.
da igrexa.
Segue a subida por camiños forestais, onde os principais desvíos están sinalizados.
Chegamos ao Monte San Guillermo, desde o que se divisa unha das vistas panorámicas máis irmosas da Vila de Fisterra e dos seus mares.
Neste lugar cóntase que estivo emprazado a Ara Solis, un templo prerromano cun marcado e profundo culto ao Sol.
Estamos nun dos puntos máis emblemáticos do Camiño de Santiago.

Continuamos o ascenso ata atopar a pista asfaltada que sube ao Monte Facho.
Ao final desta pista continúase por outra de terra que nos leva ás Pedras Santas, onde podemos observar outra espectacular panorámica de Fisterra e o seu istmo.

Cando comezamos a baixada nos iremos acercando paulatinamente ao Faro e ao punto final da nosa ruta.
Neste lugar podemos recrearnos coa súa espectacular posta de sol e contaxiarnos do bullicio dos moitos peregrinos e excursións que abranguen as inmediacións do faro e os acantilados próximos.
Neste punto tamén podemos atopar aos camiñantes que culminan o Camiño dos Faros, na última etapa da praia de Nemiña.

A forma de regresar máis rápida é descender pola ladeira da pista que conecta Fisterra co Faro onde podemos utilizar o sendeiro peonil que separa os camiñantes dos coches e permite realizar o paseo de forma segura.

Podemos completar a xornada en Fisterra desfrutando da gastronomía onde destaca o marisco e mesmo realizar un percorrido nun dos barcos turísticos que saen do porto.

Outra proposta é desfrutar dunha sesión de praia no cercano arenal de Langosteira onde poderemos observar o paso dos peregrinos tranquilamente instalados na area.

Acceso á ruta no noso perfil de wikiloc

Rutas e sendeirismo

Outras rutas na Costa da Morte

Paseo Maritimo de Caión

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Praza de Eduardo Vila Fano Longitud: 2 km Duración apro...

Ruta fluvial de Baio. Zas

Percorrido: Lineal Punto de partida/llegada: Baio – Dolmen de Pedra Vixía Lonxitude: 3,8 km (ida) Du...

Ruta San Guillerme e Faro de Fisterra

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Porto de Fisterra Longitud: 4.00 km (ida) Duración apro...

PRG148 Ponteceso

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Casa natal de Eduardo Pondal / Porto de Corme Lonxitude...

Ruta das cascadas. Mazaricos

O concello de Mazaricos realiza unha proposta de rutas para coñecer cinco cascadas no contorno das c...

Ruta Sendas do Mar De Razo a Baldaio

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Porto de Razo. Praia de Baldaio Lonxitude: 5,5 km Dura...

Paseo Fluvial de Ponteceso

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Casa natal de Eduardo Pondal Lonxitude: 2,5 km Duraci...

Desde Malpica a San Adrián

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Paseo Marítimo de Malpica. Ermita de San Adrián Lonxit...

Ruta da Auga. Zas

Percorrido: Circular Punto de partida/chegada: Ponte do Sisto (Zas) Lonxitude: 10 km. Duración aprox...

Ruta dos menhires.

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS: Kilómetros totais: 43 kilómetros. Accesos en vehículo: Pedra Moura de Alde...