PR-G 114 Laxe – Traba

Laxe

Saber máis sobre PR-G 114 Laxe – Traba

  • Percorrido: Lineal
  • Punto de partida/llegada: Laxe – Mórdomo (Traba)
  • Lonxitude: 8,7 km.
  • Duración aproximada (ida): 3 h.
  • Dificultade: Fácil

Ruta sinalizada como PR-G 114 (sendeiro de pequeno percorrido) que transcorre por camiños e sendeiros xunto ao mar.
A primeira parte da ruta coincide coa de Punta Insua, desviándose desta na Rúa do Campo cara á Capela de Santa Rosa.

Iniciamos a ruta no Paseo Marítimo de Laxe, onde atopamos un panel informativo cos detalles da ruta.
Nos desprazamos polo pobo ata a igrexa de Santa María de Atalaia, de estilo gótico mariñeiro.

Emprendemos o camiño do faro, pero ao chegar á Rúa do Campo tomamos o camiño con dirección á Capela de Santa Rosa.
Neste elevado lugar podemos desfrutar de vistas panorámicas de Laxe e da ría.

Iniciamos o camiño cara á praia de Soesto na que podemos facer unha parada e descansar na súa área recreativa.
A esta praia son moitos os surfistas que acuden, pero debemos ter coidado se nos bañamos, xa que a auga presenta moitas correntes.

Retomamos de novo o camiño e cruzamos a ponte sobre o Rego de Soesto, a partir do cal podemos continuar por un entarimado de madeira.
Chegamos a Punta do Catasol e de aquí ao monte O Castrallón e a Furna de Arnado, coa praia de Traba de fondo, así como os moliños eólicos de Camelle.

Xa na praia de Arnado emprendemos de novo o paso rumbo a Campo de Almozarro, área recreativa que invita de novo ao descanso no seu pinar.
Retomamos o sendeiro de novo ata a praia de Traba, tramo xa final da ruta, coas dunas de fondo.
Atravesamos o Rego do Vao por unha ponte de pedra e seguimos ata pasar ante a Lagoa de Traba.
Nela podemos facer unha pausa para observar as numerosas aves que a habitan (garzas, patos, gabiotas…).
Por último, vemos a Pena de Mórdomo, o Rascalobos e a Pena Tallada, ata chegar ao panel interpretativo da lagoa.
Finalizamos esta ruta en Mórdomo.

Unha ruta que une un espazo urbano como o pobo de Laxe, onde tamén debemos visitar lugares emblemáticos como o faro e a praia dos cristais, cun dos lugares de maior valor ecolóxico da Costa da Morte: a lagoa de Traba.
Para concluír a xornada podemos quedarnos na praia descansando e recollendo as espectaculares manobras de kite surf ou acercarnos ata o próximo Camelle e redescubrir a figura de Manfred Gnädinger, Man, visitando o museo e xardín que recorda a súa vida e obra.

Acceso á ruta no noso perfil de wikiloc

Rutas e sendeirismo

Outras rutas na Costa da Morte

Ruta das cascadas. Mazaricos

O concello de Mazaricos realiza unha proposta de rutas para coñecer cinco cascadas no contorno das c...

Ruta Vierio Fidalgo. Vimianzo

Percorrido: Circular Punto de partida/chegada: Igrexa de San Pedro de Berdoias Longitud: 9 kms...

Derrubando muros con Pintura. Carballo

Derribando Muros con Pintura é unha iniciativa de arte urbano que está convertendo a Carballo nun au...

Paseo Fluvial de Ponteceso

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Casa natal de Eduardo Pondal Lonxitude: 2,5 km Duraci...

Ruta por A Ameixenda

A Ruta por A Ameixenda é unha andaina circular que conxuga mar e montaña nun percorrido cargado de p...

PR-G 70 Punta Insua. Laxe

Percorrido: Circular Punto de partida/llegada: Laxe Lonxitude: 4,6 km. Duración aproximada (ida e ...

Paseo Fluvial Rio Anllons

Percorrido: Circular Punto de partida/chegada: Área recreativa de Gabenlle Lonxitude: 4,3 km ...

O Monte Pindo. Follas da historia. Dumbría

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Aldea de Fieiro / A Moa Lonxitude: 4,00 km (ida) Duraci...

Sendero Azul litoral de Camariñas (RC-2)

Percorrido: lineal Punto de partida/chegada: Camelle (Camariñas)-Castillo do Soberano (Camariñas) Lo...

Ruta guiada pola vila resurgida de Cee

A Ruta guiada pola vila resurgida de Cee ofrece unha oportunidade única para mergullarse na historia...
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.