A “Feira Medieval de Corcubión” é unha viaxe ao pasado co que poderás vivir de forma plena uns días no medievo.
E é que as rúas de Corcubión son o escenario perfecto para somerxerte nas exhibicións de cetrería e loitas medievais, os pequenos concertos de trovadores con instrumentos de época e acompañados por malabaristas, os bailes e demais actividades que te farán desfrutar de tal xeito que terás que pellizarte para comprobar que segues neste.
Ademais, terás a posibilidade de adquirir recordos desta viaxe temporal no mercado medieval para poder demostrar esta experiencia.
A “Feira medieval de Corcubión” celébrase en Corcubión durante o último fin de semana de xullo.
Eventos que non podes perderte na Costa da Morte
Outras Festas de interese cultural na Costa da Morte
Asalto ao Castelo de Vimianzo
No ano 1468 levouse a cabo en Galicia o que popularmente se coñece como a revolt...