O mar e a pesca son elementos imprescindibles para comprender a cultura da Costa da Morte e con iso a importancia que ten a Virxe do Carme ao ser a patroa dos mariñeiros.
É por isto que a celebración das festas da Virxe do Carme é case unha obriga en cada porto da Costa da Morte, pero poucas se poden comparar coa que se celebra en Camariñas tanto pola súa historia como pola súa espectacularidade.
Nela poderás desfrutar da tradicional danza de arcos e a procesión marítima onde se realiza a ofrenda floral en medio da ría.
As festas da Virxe do Carme celébranse cada 16 de Xullo en Camariñas cun ambiente que se vive na localidade durante toda unha semana de devoción.
Ver vídeo de Festas da Virxe do Carme
Eventos que non podes perderte na Costa da Morte
Outras Festas de interese cultural na Costa da Morte
F.I.O.T. Festival Internacional Outono de Teatro
Desde 1992 o F.I.O.T. (Festival Internacional Outono de Teatro) é un referente n...