Faguía de Carnés, festa centenaria dedicada aos callos
Festas gastronómicas
Vimianzo
Saber máis sobre Faguía de Carnés, festa centenaria dedicada aos callos
A “Faguía de Carnés” é unha das festas gastronómicas máis antigas de Galicia. Nace no século XVII cun formato moi diferente ao que coñecemos hoxe en día. Nun principio tratábase dunha comida anual orquestrada pola confraría local dedicada a San Cristobo que xa desde as súas orixes tiña un gran número de fieis.
En 1832 constrúese a “cerca” un espazo pensado única e exclusivamente para a celebración desta data. A finais do século XIX, e principios do XX, cambia o seu formato e abre as súas portas aos que non forman parte da confraría. Nun principio, isto estaba motivado pola caridade, pero acabou evolucionando no ano 1981 ao que poderás vivir hoxe en día cando acudas a esta cita: unha gran festa culinaria dedicada aos callos.
A “Faguía” celébrase cada 9 de Xullo en Carnés e continúa durante os seguintes días cunha gran verbena.
Ver vídeo de Faguía de Carnés, festa centenaria dedicada aos callos
Eventos que non podes perderte na Costa da Morte
Outras Festas gastronómicas na Costa da Morte
Fiesta del Percebe de Corme
O percebe é un dos produtos máis codiciados do mar de Galicia pola súa intensida...