O Concello de Corcubión organiza un curso presencial de introdución á lingua e á cultura galegas, dirixido a persoas maiores de 16 anos que se achegan por primeira vez ao galego e queren adquirir unha base práctica para comunicarse con maior seguridade no día a día.
A formación celebrarase no Salón de Plenos do Concello de Corcubión os días 7, 8, 9, 10, 14 e 15 de setembro, en horario de 16:00 a 19:00 horas.
O curso abordará nocións básicas da lingua galega, vocabulario e expresións de uso cotián, comunicación oral e escrita e contidos vinculados coa cultura e coa historia de Galicia. Tamén se traballarán aspectos como festas, tradicións, gastronomía e música, cun enfoque práctico e participativo.
O obxectivo é facilitar unha primeira toma de contacto co idioma, gañar confianza para empregalo en situacións cotiás e favorecer a integración e a participación sociocultural.
Ao finalizar a formación e superar o curso con aproveitamento entregarase o correspondente diploma. Para solicitar información ou formalizar a inscrición pódese contactar co Concello de Corcubión no teléfono 981 745 400.
A actividade organízase en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua e a Rede de Dinamización Lingüística.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Salón de Plenos do Concello de Corcubión
Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!