A 31ª Festa do Raxo no Faro de Brantuas, no concello de Ponteceso, celebrarase o sábado 6 de xuño cunha xornada chea de gastronomía, música e ambiente festivo. A partir das 10:00 horas comezará a programación no campo da festa, que estará aberto por unha gran carpa para desfrutar da celebración con comodidade.
A festa incluirá misa solemne, a continuación baile e música rexional, ademais do pregón a cargo dos profesores Fina Paulos Lareo, Lorena Cerdeiro Núñez e Óscar Rey Calo. A sesión vermú estará amenizada polo Dúo Defesta e a Disco Móbil Impacto, acompañando unha das grandes protagonistas da xornada: a degustación de raxo, polbo, empanada e tamén larpeira.
Dende as 18:00 horas, a festa continuará coa verbena a cargo do Dúo Defesta e a Disco Móbil Impacto, nunha tarde-noite pensada para bailar, compartir mesa e vivir o ambiente das festas populares da Costa da Morte. A Festa do Raxo no Faro de Brantuas está organizada pola A. C. Nosa Sra. do Faro, coa colaboración do Concello de Ponteceso e da Deputación da Coruña.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Brantuas - Ponteceso
Se desexas que o teu evento salga publicado neste web envíanos un email a
comunicacion@visitacostadamorte.com cos datos completos.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!