A música, o teatro e a memoria galega danse a man en Carballo con dúas presentacións de libros no marco do 35.º FIOT, da man de Acentral Folque. O xoves 22 de outubro de 2026, o Pazo da Cultura convídanos a descubrir historias que seguen a ter moito que contar. O acceso é libre.
O investigador Javier Gándara Feijóo presenta A música dos desprazados, unha publicación que afonda no teatro lírico e na galeguidade durante o século XVIII. Unha ocasión para achegarnos á nosa historia musical e ás pegadas que deixou na cultura galega.
A segunda presentación mira cara ao legado de Fran Pérez NARF, músico, cantante e compositor galego cunha estreita relación co teatro. O libro-CD Fran Pérez NARF. Canto sentido é unha homenaxe á súa obra e á súa maneira de entender a música. Participarán Quico Cadaval e Xelís de Toro.
Dúas citas para descubrir, lembrar e celebrar a nosa cultura. Podes consultar tamén o calendario do FIOT.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Pazo da Cultura de Carballo, Rúa do Pan, s/n, Carballo
Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!