Coristanco acolle os días 7 e 21 de outubro de 2026 dúas xornadas gratuítas de control da tensión arterial e da glicemia, abertas á veciñanza e sen necesidade de cita previa.
A actividade desenvolverase de 10:00 a 12:00 horas, fronte á Casa da Cultura de Coristanco e ao carón do Centro de Saúde. No caso de choiva, trasladarase ao interior.
Durante as xornadas, as persoas asistentes poderán realizar un control gratuíto da tensión arterial e dos niveis de glicemia. Tamén recibirán información orientada á prevención, á incorporación de hábitos saudables e á importancia de realizar controis periódicos.
A iniciativa parte do alumnado da especialidade de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais do Obradoiro Dual de Emprego Lubiáns II, promovido conxuntamente polos concellos de Coristanco e Carballo.
Estas xornadas coinciden ademais co inicio en outubro de VIVE, o programa municipal de envellecemento activo do Concello de Coristanco, orientado a promover un envellecemento activo, saudable, autónomo e participativo.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Fronte á Casa da Cultura, ao carón do Centro de Saúde de Coristanco
Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!