2026
9
Outubro

FITVI 2026 – Festival Internacional de Títeres de Vilaño

Cultura
A Laracha

Saber máis sobre FITVI 2026 – Festival Internacional de Títeres de Vilaño

Vilaño, na Laracha, acolle do 9 ao 11 de outubro de 2026 a primeira edición do FITVI – Festival Internacional de Títeres de Vilaño, unha cita cultural que reúne monicreques, narración oral, teatro, memoria comunitaria, música e propostas participativas en diferentes espazos da parroquia.

Baixo o lema “Entre verzas e monicreques”, o festival convida a gozar das artes escénicas en diálogo coa paisaxe e o patrimonio local, cunha programación pensada para públicos de todas as idades.

Programa do FITVI 2026

Venres 9 de outubro – Muíño das Fervenzas

  • 17:00 – Unha árbore ven a vernos, de Anxo Moure. Monicreques e narración oral. 60 minutos. Público familiar.
  • 18:00 – Obradoiro de lanzabeloteiros e monicreques, con Atrapacontos Land Art.

Sábado 10 de outubro pola mañá – Ruta dos Ríos de Lavar

Primeira parada: Fonte da Areosa.

  • 11:30 – Unha viaxe no tempo, de Mulleres de Vilaño. Representación teatral das veciñas. 15 minutos. Todo público.

Segunda parada: Muíño das Fervenzas.

  • 12:00 – Xograría de aldea, de Alba de Vales. Espectáculo multidisciplinar. 45 minutos. Todo público.
  • 13:00 – Coloquio cas artistas.

Sábado 10 de outubro pola tarde – Castro de Montes Claros

  • 17:00 – Latexos, de K’Paparota Teatro. Monicreques e narración oral. 35 minutos. Todo público.
  • 17:40 – Faladoiro: As nosas lendas, con Puri Soto.
  • 18:00 – Pícnic de convivencia. Cada persoa pode levar a súa comida, bebida e mantiña.

Domingo 11 de outubro – Antigo salón de baile de Gendes, na Areosa

  • 18:00 – Títeres a cielo abierto, de Manu Mansilla. Monicreques. 50 minutos. Todo público. Taquilla inversa.
  • 19:00 – Faladoiro: Cando aquí se bailaba, con Rubén Mallo e Diego Rama. Conversa sobre a memoria do Salón de Gendes.
  • 20:00 – Bailamos? Música e baile para facer que o salón volva soar.

Un festival de monicreques ligado ao territorio

O FITVI nace como unha iniciativa de Adro de Vilaño para achegar as artes escénicas ao rural e converter os camiños, espazos patrimoniais e lugares de encontro da parroquia en parte da experiencia. O resultado é unha proposta cultural próxima, interxeracional e especialmente conectada coa identidade de Vilaño.

Máis información sobre a organización en Adro de Vilaño.

Cartel del FITVI 2026, Festival Internacional de Títeres de Vilaño – Entre verzas e monicreques

Máis detalles sobre FITVI 2026 – Festival Internacional de Títeres de Vilaño

Data de inicio

Venres, 9 de Outubro de 2026

Data de fin

Domingo, 11 de Outubro de 2026

Lugar de celebración

Vilaño, A Laracha (Muíño das Fervenzas, Fonte da Areosa, Castro de Montes Claros y antiguo salón de baile de Gendes, A Areosa)

Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.

Cultura, deportes, festas…

Próximos eventos na Costa da Morte

Baile Social en Malpica con Mar Dávila

O domingo 11 de outubro, o Baile Social en Malpica continúa a súa programación de outono no Centro C...

Fecha de inicio

Domingo, 11 de Outubro de 2026

Lugar

Centro Cívico de Malpica

Baile social «Ao son da vida» con Grupo Maracaibo en Fisterra

O Concello de Fisterra, a través da Concellería de Cultura, invita á veciñanza e ás persoas visitant...

Fecha de inicio

Domingo, 11 de Outubro de 2026

Lugar

Mercado Cultural de Fisterra

Puro Free Ponteceso 2026: torneo de freestyle libre sen batallas

O domingo 11 de outubro de 2026, Ponteceso acolle Puro Free Ponteceso, un torneo de freestyle libre,...

Fecha de inicio

Domingo, 11 de Outubro de 2026

Lugar

Praza do Relleno (Praza do Recheo), Ponteceso. Se chove: Edificio das Escolas

CD Baio – SCD Malpica | Xornada 5 da Liga da Costa

O fútbol da Costa da Morte volve ser protagonista coa xornada 5 da Liga da Costa. O SCD Malpica visi...

Fecha de inicio

Domingo, 11 de Outubro de 2026

Lugar

Campo Municipal de Fútbol Platas Reinoso, Baio

O show de Fábrica de Impro – FIOT 35 Carballo

O show de Fábrica de Impro no FIOT 35 de CarballoA improvisación teatral toma A Reserva de Carballo ...

Fecha de inicio

Domingo, 11 de Outubro de 2026

Lugar

A Reserva, Rúa Desiderio Varela 7, Carballo

FITVI 2026 – Festival Internacional de Títeres de Vilaño

Vilaño, na Laracha, acolle do 9 ao 11 de outubro de 2026 a primeira edición do FITVI – Festival Inte...

Fecha de inicio

Venres, 9 de Outubro de 2026

Lugar

Vilaño, A Laracha (Muíño das Fervenzas, Fonte da Areosa, Castro de Montes Claros y antiguo salón de baile de Gendes, A Areosa)

Cabaré Climático: teatro en Mazaricos o 11 de outubro

O domingo 11 de outubro de 2026, ás 17:00 horas, o auditorio da Casa da Cultura da Picota, en Mazari...

Fecha de inicio

Domingo, 11 de Outubro de 2026

Lugar

Auditorio da Casa da Cultura da Picota, Rúa Castelao, 1, A Picota, Mazaricos

Mercado de segunda man no Camping Lago-Mar

O Mercado de segunda man do Camping Lago-Mar chega a Muxía o sábado 10 e o domingo 11 de outubro cun...

Fecha de inicio

Sábado, 10 de Outubro de 2026

Lugar

Camping Lago-Mar, Praia de Lago, Muxía

DJ Maikel – FIOT 35 Carballo

DJ Maikel no FIOT 35 de CarballoA música tamén forma parte do pulso nocturno do FIOT 35. DJ Maikel a...

Fecha de inicio

Domingo, 11 de Outubro de 2026

Lugar

A Reserva, Rúa Desiderio Varela 7, Carballo
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.