O domingo 11 de outubro de 2026, ás 17:00 horas, o auditorio da Casa da Cultura da Picota, en Mazaricos, acolle Cabaré Climático, unha comedia musical de Gallaecia Eventos que combina humor, sátira e música en directo para falar do cambio climático sen perder o sorriso.
A historia sitúanos no ano 2075 e, a través de escenas cargadas de ironía e cancións creadas para o espectáculo, convida a reflexionar sobre as consecuencias da crise climática e sobre como o individualismo extremo pode afastarnos das respostas colectivas que precisa o planeta. Unha proposta teatral dinámica, chea de ritmo, na que a cultura se converte nun espazo para rir, compartir e facerse preguntas.
Se che apetece gozar do teatro en Mazaricos, achégate á Picota e comparte unha tarde de comedia, música e reflexión en comunidade.
Podes consultar tamén a ficha do espectáculo na Rede Cultural da Deputación da Coruña.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Auditorio da Casa da Cultura da Picota, Rúa Castelao, 1, A Picota, Mazaricos
Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!