Descubre Muxía desde unha mirada moi especial: a de quen vive e traballa fronte ao Atlántico. A Experiencia Vila Muxía propón unha visita guiada gratuíta para achegarse ao mundo do percebe, á cultura mariñeira e a un dos oficios máis duros e fascinantes da Costa da Morte.
O percorrido estará guiado polo percebeiro profesional Santiago Pérez Haz, que compartirá vivencias reais, coñecementos sobre o hábitat do percebe e as técnicas de extracción sostible, ademais de explicar os riscos, a destreza e o compañeirismo que forman parte do traballo nas rochas.
Durante a experiencia descubrirás como se desenvolve este oficio tradicional e por que está tan ligado á identidade de Muxía e da Costa da Morte. Unha oportunidade para aprender, preguntar e mirar o mar con outros ollos, da man dun profesional que coñece ben os seus ritmos e desafíos.
A actividade rematará cunha visita ás instalacións de AbruMar e unha degustación de produtos artesanais do mar, pechando a xornada con sabor local e moita conexión co territorio.
Unha iniciativa impulsada polo GALP Costa da Morte no marco do proxecto Mar e Rías: Pesca & Turismo. Se che interesa o turismo mariñeiro, a cultura do percebe e as historias auténticas da Costa da Morte, esta cita en Muxía merece un oco na túa axenda.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
M.E_café (Rúa Real, 27, Muxía)
Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!