A programación Ondas Culturais | Son de aquí chega a Sofán cunha tarde que une patrimonio, memoria local e música ao vivo. O xoves 20 de agosto de 2026, a contorna da igrexa parroquial de San Salvador acollerá unha visita guiada e o concerto gratuíto de Manu Sija.
Ás 20:00 h comezará unha visita guiada gratuíta pola parroquia. A través de figuras como o gaiteiro Evaristo, as pandereteiras do lugar e as mártires de Sofán, o percorrido achegará ao público á historia local e á evolución das expresións musicais de Sofán e da súa contorna.
Para participar na visita é necesaria a inscrición previa gratuíta. Hai un máximo de 25 prazas.
Ás 20:30 h dará comezo o concerto de Manu Sija, con entrada libre e de balde. O músico arxentino é un dos referentes máis innovadores do jazz contemporáneo en Sudamérica. Multiinstrumentista autodidacta e compositor, combina jazz moderno, folclore arxentino e experimentación electrónica en directo.
Co violín, baixo, guitarra, bandoneón, teclados, percusión e técnicas de live looping, Manu Sija constrúe paisaxes sonoras cheas de enerxía, improvisación e emoción. Unha ocasión perfecta para gozar dun concerto diferente nun espazo con moita historia.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Adro da Igrexa de San Salvador de Sofán
Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!