Igrexa de Santiago de Cereixo

Arquitectura relixiosa
Vimianzo

Saber máis sobre Igrexa de Santiago de Cereixo

A Igrexa de Santiago de Cereixo é unha das grandes xoias do románico na Costa da Morte e un dos templos máis singulares do concello de Vimianzo. A súa construción sitúase a finais do século XII e comparte trazos artísticos con outras igrexas próximas, como as de Xaviña, en Camariñas, ou Leis, en Muxía, o que permite imaxinar unha rede de mestres canteiros traballando por distintos puntos deste territorio atlántico.

O templo conserva pegadas de diferentes talleres ou mestres. Un deles, de clara influencia compostelá, estaría relacionado coa zona da ábsida, mentres que outro sería o responsable da portada principal e da excepcional portada sur de Santiago de Cereixo. Este segundo mestre vincúlase artisticamente co tímpano da Última Cea da igrexa de Moraime, unha das grandes referencias do románico da contorna de Muxía.

Na portada sur atópase a representación máis antiga coñecida da Traslatio Beati Iacobi, o traslado do corpo do apóstolo Santiago ata Galicia segundo a tradición recollida no Codex Calixtinus. No tímpano vese unha barca sobre as ondas, co corpo do Apóstolo acompañado polos sete discípulos, mentres un bispo e un anxo presencian a escena. Esta iconografía, xunto coa presenza do culto xacobeo en Cereixo, reforza o valor histórico deste lugar e a hipótese dunha posible ruta secundaria de peregrinación vinculada á ría de Camariñas, ao río Grande e aos santuarios marianos da zona.

Faros, ríos, praias e moito máis na Costa da Morte

Outros lugares de interese en Vimianzo

Ruta do Corredor Megalítico
CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS: Quilómetros totais: 41 quilómetros. Accesos en vehícul...
Arca do Rabós (Vimianzo)
Caminando entre túmulos Camiñando por un prado, vemos nunha plantación de árbor...
Igrexa de Santa Eulalia de Tines
Responde ó estilo románico, e conta con interesantes capiteis no seu interior. N...
Sabadelle (Vimianzo)
A forza das augas de Costa da Morte dan lugar a numerosas formacións de cantos r...
Penedos de Pasarela e Traba
Esta extraordinaria formación xeolóxica, que se localiza entre os concellos de L...
Pedra da Arca (de Regoelle) (Dumbría – Vimianzo)
El misterio de “The Thing” dentro del dolmen Pedra da Arca é un dos...
Castelo de Vimianzo
A fortaleza conta cunha planta poligonal, con catro torres, un patio de armas e ...
Conxunto histórico artístico de Cereixo
As Torres de Cereixo datan do século XVII e un dos seus primeiros donos foi Pedr...
Igrexa de Santiago de Cereixo
A Igrexa de Santiago de Cereixo é unha das grandes xoias do románico na Costa da...
Asalto ao Castelo de Vimianzo
No ano 1468 levouse a cabo en Galicia o que popularmente se coñece como a revolt...
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.