O III Torneo de Futsal 4×4 Memorial Juan Insua Sanfins celebrarase os días 27 e 28 de xuño de 2026 na Pista Polideportiva de Caxadas, en Vimianzo, unha instalación propiedade da Comunidade Veciñal de Ogas. Trátase dunha cita deportiva gratuíta que reúne deporte base, convivencia e ambiente festivo arredor do fútbol sala.
As inscricións estarán abertas ata o 21 de xuño ás 23:59 horas ou ata completar as prazas dispoñibles. Os equipos deberán contar cun mínimo de 5 xogadores e un máximo de 12, mentres que en pista participarán entre 4 e 8 xogadores. A competición contará con dúas categorías: infantil, o sábado 27, para nadas e nados entre 2014 e 2017; e cadete, o sábado 27 e o domingo 28, para nadas e nados entre 2011 e 2013.
O torneo incluirá trofeo para o equipo campión, medallas para os catro primeiros clasificados e premios ao máximo goleador, porteiro menos goleado e MVP do torneo. Ademais, haberá inchables para os máis pequenos de 15:30 a 19:30 horas, a 2ª edición do Chupinazo ao Lobo Fins, churrascada, froita e auga gratis para os participantes, así como servizo de cantina e churrasco para o público. Para máis información pódese contactar no teléfono 637 163 221 ou no correo felix.roget@vimianzo.gal.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Pista deportiva Caxadas
Se desexas que o teu evento salga publicado neste web envíanos un email a
comunicacion@visitacostadamorte.com cos datos completos.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!