2026
20
Xuño

San Xoán 2026 en Fisterra

Festas
Fisterra

Saber máis sobre San Xoán 2026 en Fisterra

O San Xoán 2026 en Fisterra celebrarase o sábado 20 de xuño cunha programación que combina teatro, actividades para os máis pequenos, gastronomía, música tradicional e a esperada lumarada. A festa desenvolverase entre o Mercado Cultural e a Praza do Concello, convidando a veciñanza a compartir unha xornada chea de ambiente e tradición.

Á tardiña estrearase a obra “O sono dunha noite de San Xoán”, interpretada pola Escola Municipal de Teatro do Concello de Fisterra, con dúas sesións no Mercado Cultural: a primeira ás 17:00 horas e a segunda ás 20:00 horas. As entradas deberán reservarse no Concello de Fisterra. A partir das 20:00 horas abrirán tamén os postos de comida e bebida e haberá pintacaras, globoflexia e xogos populares na Praza do Concello.

A noite comezará ás 21:30 horas coa actuación da agrupación Maruxía de Laxe e continuará coa lumarada de San Xoán, sardiñas, música e unha foliada aberta para todas as persoas que queiran participar. Desde a organización animan a levar instrumentos e a sumarse a unha noite pensada para celebrar, bailar e manter viva unha das tradicións máis queridas do inicio do verán.

San Juan 2026 en Fisterra

Máis detalles sobre San Xoán 2026 en Fisterra

Data de inicio

Sábado, 20 de Xuño de 2026

Data de fin

Sábado, 20 de Xuño de 2026

Lugar de celebración

Mercado Municipal Fisterra

Se desexas que o teu evento salga publicado neste web envíanos un email a
comunicacion@visitacostadamorte.com cos datos completos.

Cultura, deportes, festas…

Próximos eventos na Costa da Morte

Concerto de The Groovy Shakers no Camping Lago-Mar

O Concerto de The Groovy Shakers no Camping Lago-Mar celebrarase o venres 19 de xuño ás 21:00 horas,...

Fecha de inicio

Xoves, 18 de Xuño de 2026

Lugar

Camping Lago-Mar

Curso de Debuxo, Pintura e Creatividade con Laura Suárez

Do 7 de outubro ao 19 de xuño, cada martes e xoves a Aula de Plástica do IES Fernando Blanco convert...

Fecha de inicio

Martes, 7 de Outubro de 2025

Lugar

IES Fernando Blanco Cee

Festa da Música 2026 en Vimianzo

A Festa da Música 2026 en Vimianzo celebrarase o venres 19 de xuño ás 21:00 horas no Auditorio da Ca...

Fecha de inicio

Venres, 19 de Xuño de 2026

Lugar

Casa da Cultura de Vimianzo

II Xantar do Pueblo en Carantoña

O II Xantar do Pueblo en Carantoña será unha desas citas pensadas para xuntarse arredor da mesa, da ...

Fecha de inicio

Sábado, 20 de Xuño de 2026

Lugar

Carantoña Vimianzo

San Xoán 2026 en Fisterra

O San Xoán 2026 en Fisterra celebrarase o sábado 20 de xuño cunha programación que combina teatro, a...

Fecha de inicio

Sábado, 20 de Xuño de 2026

Lugar

Mercado Municipal Fisterra

Festa Charramandeira de Caión 2026

O verán comeza con moita retranca e ganas de festa en Caión coa chegada da Festa Charramandeira de C...

Fecha de inicio

Sábado, 20 de Xuño de 2026

Lugar

Caión (A Laracha)

IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose

A IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose chega a Zas cunha edición histórica, marcada por un r...

Fecha de inicio

Sábado, 23 de Maio de 2026

Lugar

Centro Sociocultural de Baio

Concerto de Muaré e Charlie no Camping Lago-Mar

O Concerto de Muaré e Charlie no Camping Lago-Mar celebrarase o sábado 20 de xuño ás 19:00 horas, de...

Fecha de inicio

Sábado, 20 de Xuño de 2026

Lugar

Camping Lago-Mar

Camariñas en marcha contra o cancro

Camariñas en marcha contra o cancro celebrarase o 20 de xuño de 2026 cunha andaina solidaria que par...

Fecha de inicio

Sábado, 20 de Xuño de 2026

Lugar

Iglesia de Santa María de Xaviña
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg