A Semana do Libro en Cee chega cunha programación pensada para seguir achegando a lectura, a creatividade e a cultura a públicos de distintas idades. Entre o 20 e o 27 de abril, a Biblioteca Francisco Mayán e o Auditorio Baldomero Cores serán os escenarios de varias actividades que converten estes días nunha ocasión estupenda para gozar dos libros desde miradas moi diferentes.
O programa arrinca o luns 20 de abril na Biblioteca Francisco Mayán con “Libros sobre libros”, unha proposta para levar exemplares do fondo que están a ser descartados. O xoves 23 de abril haberá dobre cita: ás 11:00 horas, no Auditorio Baldomero Cores, terá lugar a presentación do libro ilustrado “El encuentro”, de David Blanco, nunha actividade dirixida ao alumnado de 4º e 5º de primaria dos centros educativos de Cee; e durante todo o día, na Biblioteca Francisco Mayán, celebraranse os préstamos a cegas, unha proposta orixinal para escoller un libro envolto e deixarse sorprender. O venres 24 de abril, ás 19:45 horas, a biblioteca acollerá a presentación de “Cuando los sueños hablan”, de Asier Fraga, un thriller psicolóxico, tecnolóxico e futurista ambientado no Madrid de 2062.
A programación continuará o sábado 25 de abril ás 19:30 horas no Auditorio Baldomero Cores con “A libraría máxica”, de Inventi Teatro, un espectáculo para público familiar con entradas de 3 e 5 euros dispoñibles na billeteira unha hora antes da función. Como peche, o luns 27 de abril, de 18:30 a 21:00 horas, a Biblioteca Francisco Mayán acollerá un obradoiro de lettering con Brush Pen, dirixido a mozos e mozas de 12 a 16 anos, con inscrición previa na biblioteca a través do correo biblioteca@cee.gal ou do teléfono 607 029 896. Unha semana para vivir o libro en Cee dunha maneira participativa, próxima e moi especial.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Biblioteca Municipal Francisco Mayán de Cee
Se desexas que o teu evento salga publicado neste web envíanos un email a
comunicacion@visitacostadamorte.com cos datos completos.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!