2026
7
Febreiro

Entroido Malpica 2026

Festas
Malpica

Saber máis sobre Entroido Malpica 2026

Entroido Malpica 2026 chega cun programa longo, do 7 ao 22 de febreiro, para encher Malpica, Buño, Cerqueda, Seaia e Vilanova de música, máscaras e bo humor. Pasarrúas escolares, festas infantís, sesións vermú, desfiles, concursos e o Enterro do Faustino fan que o Entroido se viva na rúa de principio a fin.

Se che gusta o Entroido con sabor mariñeiro, este Entroido Malpica 2026 ofréceche dende cocidos de comparsas e charangas até actividades para a cativada, xornadas de xogos en Seaia, a Mikaela en Buño e as saídas tradicionais dos Madamitos e Ghuardineiros en Cerqueda. Un calendario completo para gozar en familia e cos amigos.

  • 7 de febreiro | Sábado – Buño
    IV Cocido Campol con premio aos mellores disfraces no restaurante Cantón da Roca e actuación de DJ’s ao remate. Organiza: AC Campol.
  • 13 de febreiro | Venres de Entroido – Malpica
    Pasarrúas de Entroido do CEIP Milladoiro e do CEIP Joaquín Rodríguez Otero polas rúas da vila ao longo da mañá.
  • 14 de febreiro | Sábado de Entroido
    En Cerqueda: Festa de disfraces infantís no Centro Sociocultural das Pozacas, en horario de mañá. Organiza: AC Raigañas.
    En Malpica: Sesión vermú nas rúas da vila, pasarrúas de comparsas e disfraces pola tarde, acompañamento para a rapazada, venda de rosquillas e gran verbena de noite con música nos pubs. Concurso de comparsas e disfraces con cestas de Entroido para os mellores traxes individuais e en grupo.
  • 15 de febreiro | Domingo de Entroido – Malpica
    Actuación da Charanga ACDC polas rúas da vila; desfile de disfraces infantil, encontro de comparsas e disfraces de Entroido na praza Eduardo Vila Fano con entrega de agasallos e, xa á tardiña, Concurso de piñatas do Entroido na mesma praza.
  • 16 de febreiro | Luns de Entroido – Malpica
    Tómbola infantil no Pavillón Polideportivo de Malpica en horario de mañá, con xogos e sorpresas para os máis pequenos.
  • 16, 17 e 18 de febreiro | Luns, martes e mércores – Seaia
    Xornadas de Entroido 2026 na Casa da Cultura de Seaia, con actividades lúdicas e obradoiros para nenos e nenas de 4 a 12 anos. Organiza: ACD Carcaxía.
  • 17 de febreiro | Martes de Entroido – Malpica
    Festa de disfraces infantil con inchables no Pavillón Polideportivo de Malpica, con xogos, música e moita cor.
  • 18 de febreiro | Mércores de Cinza – Buño
    Tarde de contacontos e merenda de Entroido con “Contos para cagar patatillas” de Brais das Hortas, ideal para despedir estas datas con humor.
  • 21 de febreiro | Sábado de Piñata – Buño
    Celebración da Mikaela con sesión vermú, desfile da figura pola tarde, chocolate e rosquillas e gran noite musical con DJs na praza de Santa Xusta e arredores. Organiza: Asociación de Amigos da Mikaela.
  • 22 de febreiro | Domingo de Piñata
    En Cerqueda: Percorrido dos Madamitos e Ghuardineiros polos lugares da parroquia, mantendo a tradición do Entroido. Organiza: AC Raigañas.
    En Vilanova: Festa de disfraces infantil e degustación de doces de Entroido no local social.
    En Malpica: Actuación da Charanga DGT polas rúas da vila e Enterro do Faustino, con saída do Centro Cívico e percorrido ata o porto.
Carnaval 2026 en Malpica de Bergantiños

Máis detalles sobre Entroido Malpica 2026

Data de inicio

Sábado, 7 de Febreiro de 2026

Data de fin

Domingo, 22 de Febreiro de 2026

Lugar de celebración

Malpica de Bergantiños

Se desexas que o teu evento salga publicado neste web envíanos un email a
comunicacion@visitacostadamorte.com cos datos completos.

Cultura, deportes, festas…

Próximos eventos na Costa da Morte

Festa de Corpus 2026 en Muxía

A Festa de Corpus 2026 en Muxía celebrarase o sábado 6 de xuño cunha xornada completa de tradición, ...

Fecha de inicio

Sábado, 6 de Xuño de 2026

Lugar

Muxía

IX Festa do Porquiño en Pereiriña

A IX Festa do Porquiño en Pereiriña celebrarase o sábado 6 de xuño na parroquia de Pereiriña, no Con...

Fecha de inicio

Sábado, 6 de Xuño de 2026

Lugar

Pereiriña (Cee)

Festas do Santísimo Sacramento de Rus

As Festas do Santísimo Sacramento de Rus celébranse o domingo 7 de xuño cunha xornada pensada para v...

Fecha de inicio

Domingo, 7 de Xuño de 2026

Lugar

Rus (Carballo)

Estrea de “Grazas, aquí estou ben” na Picota

O 7 de xuño ás 19:00 h, o Auditorio da Casa de Cultura da Picota acollerá a estrea de “Grazas, aquí ...

Fecha de inicio

Domingo, 7 de Xuño de 2026

Lugar

Casa da cultura Mazaricos

Festa do Corpus 2026 en Brens

A Festa do Corpus 2026 en Brens xa ten datas para reunir á veciñanza e ás persoas que queiran gozar ...

Fecha de inicio

Sábado, 30 de Maio de 2026

Lugar

Brens (Cee)

Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco

As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8 de xuño cun programa cheo de ...

Fecha de inicio

Sábado, 6 de Xuño de 2026

Lugar

Paiosaco (A Laracha)

Ximnasia rítmica e estética en Muxía

O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o talento da mocidade coa actividad...

Fecha de inicio

Mércores, 10 de Xuño de 2026

Lugar

Pavillón Municipal de Muxía

Cea da Fame de Cáritas en Vimianzo

A Cea da Fame de Cáritas en Vimianzo celebrarase o 12 de xuño de 2026 ás 21:00 horas no Centro Comer...

Fecha de inicio

Venres, 12 de Xuño de 2026

Lugar

Centro Comercial Fonte dos Cabalos

VI Cross de Obstáculos Terras do Vákner en Dumbría

O VI Cross de Obstáculos Terras do Vákner chega de novo ao Concello de Dumbría cunha proposta deport...

Fecha de inicio

Sábado, 13 de Xuño de 2026

Lugar

Dumbría
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg