2026
22
Xuño

Actividades de verán 2026 no Concello de Zas

Deportes
Zas

Saber máis sobre Actividades de verán 2026 no Concello de Zas

O Concello de Zas reforza este verán a súa aposta pola conciliación familiar e polo lecer infantil cun amplo programa de actividades pensado para nenos, nenas e mocidade. A programación combina propostas educativas, deportivas e de convivencia, ofrecendo alternativas accesibles para que as familias poidan organizar mellor o período vacacional.

Entre as actividades previstas destacan os Campamentos de Verán municipais, o Depor Campus Zas e o Campamento Multideportivo, tres propostas diferentes que permitirán desfrutar do verán aprendendo, facendo deporte e compartindo experiencias nun ambiente seguro, dinámico e participativo.

  • Campamentos de Verán: para nenos e nenas de 3 a 12 anos, do 22 de xuño ao 28 de agosto nas Torres do Allo, en cinco quendas. Horario de 10:00 a 14:00 horas, con servizo de madrugadores desde as 8:45 horas.
  • Depor Campus Zas: para nenos e nenas de 6 a 14 anos, do 20 ao 24 de xullo no campo municipal Platas Reinoso, cunha experiencia deportiva centrada no fútbol da man do Deportivo da Coruña.
  • Campamento Multideportivo: para mozos e mozas de 8 a 14 anos, do 20 ao 24 e do 27 ao 31 de xullo nos polideportivos de Baio e Zas, con xincanas, xogos, torneos e actividades deportivas.

As persoas interesadas poden solicitar máis información ou formalizar as inscricións nos Campamentos de Verán e no Campamento Multideportivo a través do Centro Sociocultural de Zas, no teléfono 981 751 398. No caso do Depor Campus Zas, as inscricións deberán realizarse a través da páxina web oficial da organización.

Actividades de Verán 2026 no Concello de Zas

Máis detalles sobre Actividades de verán 2026 no Concello de Zas

Data de inicio

Luns, 22 de Xuño de 2026

Data de fin

Venres, 28 de Agosto de 2026

Lugar de celebración

Concello de Zas

Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.

Cultura, deportes, festas…

Próximos eventos na Costa da Morte

Rutas guiadas por Carnota 2026: patrimonio e natureza en xullo e agosto

Este verán, Carnota descóbrese paso a paso. O Concello de Carnota propón un programa de rutas guiada...

Fecha de inicio

Mércores, 8 de Xullo de 2026

Lugar

Carnota (varios puntos do municipio)

Noites de Cine: Padre no hay más que uno 5 en Sísamo

As Noites de Cine de Carballo fan parada en Sísamo o mércores 26 de agosto con “Padre no hay más que...

Fecha de inicio

Mércores, 26 de Agosto de 2026

Lugar

Sísamo

Concerto de Sara Sístole en Lagomar Camping

Sara Sístole actúa en Lagomar Camping, en Merexo (Muxía), o mércores 26 de agosto de 2026 ás 19:30 h...

Fecha de inicio

Mércores, 26 de Agosto de 2026

Lugar

Lagomar Camping, Merexo

Festas de Entrecruces 2026 en Carballo

Entrecruces celebra as súas festas do 25 ao 27 de agosto de 2026 con tres xornadas de tradición, mús...

Fecha de inicio

Martes, 25 de Agosto de 2026

Lugar

Entrecruces, Carballo

Noites de Cine: El Casoplón en Lema

As Noites de Cine de Carballo chegan a Lema o xoves 27 de agosto coa proxección de “El Casoplón”, un...

Fecha de inicio

Xoves, 27 de Agosto de 2026

Lugar

Local Social de Lema

Concerto de Belém Tajes en Lagomar Camping

Belém Tajes chega a Lagomar Camping, en Merexo (Muxía), o xoves 27 de agosto de 2026 ás 19:30 horas ...

Fecha de inicio

Xoves, 27 de Agosto de 2026

Lugar

Lagomar Camping, Merexo

Agosto no Muíño 2026

Agosto no Muíño 2026 reúne unha programación para todos os públicos do 4 ao 28 de agosto no Centro d...

Fecha de inicio

Martes, 4 de Agosto de 2026

Lugar

Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte, Golmar

Visitas guiadas gratuítas ao Museo Fernando Blanco de Lema

O Museo Fernando Blanco de Lema, en Cee, organiza visitas guiadas gratuítas os venres 24 e 31 de xul...

Fecha de inicio

Venres, 24 de Xullo de 2026

Lugar

Fundación Fernando Blanco de Lema

Kinético: títeres articulados no Museo de Corme

Kinético, a exposición de títeres articulados da compañía Trécola, chegará ao Museo de Corme o 28 de...

Fecha de inicio

Venres, 28 de Agosto de 2026

Lugar

Museo de Corme, Rúa Real 14, Corme Porto
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.