2024
5
Decembro

Nadal en Carballo

Artesanía, Cultura, Feiras, Festas
Carballo

Saber máis sobre Nadal en Carballo

Este ano, Carballo terá un mes completo de actividades, como reflicte o calendario que ocupa as páxinas centrais do folleto que podes descargar ao final do post.

Pensando na dinamización do comercio haberá propostas como o Mercado da Ilusión, do 5 ao 8 de decembro; a Feira Dulce, que se celebrará no fin de semana do 28 e 29, coincidindo co feirón; os pinchos de Nadal que se servirán o 22 no mercado municipal ou os Cantos de Nadal que animarán as rúas comerciais os días 22 e 29. Un ano máis premiaremos as compras no comercio local con diferentes regalos, e, en colaboración co Centro Comercial Aberto (CCA), cuxas propostas están incluídas tamén no programa, contaremos cun stand chegado directamente de Laponia para que Papá Noel se sinta como en casa na estadía que realizará do 20 ao 24 de decembro.

Xunto ao imprescindible Nadal Pequespectacular, que, como sempre, ofrecerá tres espectáculos de circo, teatro e maxia de primeirísimo nivel, este ano chega o Nadal Rebuldeiro, pensado para facer moverse á rapazada. A peza central será Mundo Xogo, un parque de atraccións que inclúe espazos de Superthings, Playmobil, Rolly Toys, realidade virtual e radio control, e que ocupará a carpa da Praza do Concello do 14 ao 21 de decembro. Pero, ademais, os días 30 de decembro e 2 e 3 de xaneiro descubriremos a futuros emprendedores e emprendedoras da robótica, a mecánica e a enxeñaría cos obradoiros de construción de vehículos eléctricos infento. E xunto a todo iso, o 23 de decembro poderán sacar as bicis para participar nunha divertida xincana de elfos. As actividades do programa Apego, como a festa do día 20, e das bibliotecas completan a oferta vacacional para a infancia.

E pensando no público adulto temos tamén propostas diferenciadas, como os cursos de cociña de Nadal que se impartirán os sábados 14 e 21 na Escola de Hostalaría do Fórum Carballo ou os bailes dos domingos. O día 29 celebraremos un baile para todos os públicos na carpa da Praza do Concello, con cotillón, música e animación.

Descarga o programa completo aquí: https://carballo.org/media/documentos/NADAL_EN_CARBALLO_24__compressed.pdf

Nadal Carballo 2024

Máis detalles sobre Nadal en Carballo

Data de inicio

Xoves, 5 de Decembro de 2024

Data de fin

Luns, 6 de Xaneiro de 2025

Lugar de celebración

Carballo

Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.

Cultura, deportes, festas…

Próximos eventos na Costa da Morte

Primeiro luns de outubro coa Virxe do Monte en Camariñas

Camariñas celebra o luns 5 de outubro de 2026 unha nova cita do primeiro luns de mes arredor da Virx...

Fecha de inicio

Luns, 5 de Outubro de 2026

Lugar

Ermida da Virxe do Monte, Camariñas

Curso de introdución á lingua e á cultura galegas en Muxía

Muxía acolle un novo Curso de introdución á lingua e á cultura galegas, dirixido a persoas maiores d...

Fecha de inicio

Luns, 28 de Setembro de 2026

Lugar

Edificio de Servizos Múltiples – Aula de Informática, Praza da Camposa, Muxía

Curso de introdución á lingua e á cultura galegas en Fisterra

Fisterra acolle un curso de introdución á lingua e á cultura galegas dirixido a persoas maiores de 1...

Fecha de inicio

Luns, 28 de Setembro de 2026

Lugar

Biblioteca Municipal Casa do Arco, Praza da Cerca, 5, 15155 Fisterra

Pablísimo en Cee con «Gabinete Mirabilia» | O Mes da Fundación 2026

O programa escolar da XIII edición de O Mes da Fundación 2026 leva á Casa da Cultura de Cee a Pablís...

Fecha de inicio

Martes, 6 de Outubro de 2026

Lugar

Casa da Cultura de Cee, Paseo Alcalde Pepe Sánchez, 9, Cee

Taller transnacional LDA-NEXT en Muxía: desenvolvemento local e cooperación europea

Muxía acollerá os días 5 e 6 de outubro de 2026 a segunda reunión do proxecto europeo LDA-NEXT e un ...

Fecha de inicio

Luns, 5 de Outubro de 2026

Lugar

Casa de Trillo, Santa Mariña, Muxía

Pilates, pandeireta e manualidades en Xaviña (Coristanco) 2026

A Asociación de Veciños Santo Tomé de Xaviña pon en marcha en outubro de 2026 un novo programa de ac...

Fecha de inicio

Sábado, 3 de Outubro de 2026

Lugar

Local Social de Xaviña, A Igrexa, Coristanco

Encontros para o desenvolvemento da Vía Mariana en Baio

O Centro Sociocultural de Baio acolle o mércores 7 de outubro de 2026, ás 19:00 h, un encontro abert...

Fecha de inicio

Mércores, 7 de Outubro de 2026

Lugar

Centro Sociocultural de Baio (auditorio)

Oh! Onde deterse a mirar – función escolar FIOTeen | FIOT 35 Carballo

Preestrea escolar de Oh! Onde deterse a mirar no FIOTeen de CarballoAsSircópatas presenta unha funci...

Fecha de inicio

Xoves, 8 de Outubro de 2026

Lugar

Auditorio Pazo da Cultura, Rúa do Pan s/n, Carballo

Pequenos pero faltóns – FIOT 35 Carballo

Pequenos pero faltóns no FIOT 35 de CarballoA Rúa dos Contos do FIOT 35 suma unha cita coa nova retr...

Fecha de inicio

Xoves, 8 de Outubro de 2026

Lugar

Valle Inclán Café, Rúa Valle Inclán 34, Carballo
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.