Search
Close this search box.

Ruta da Auga. Zas

Zas

Saber máis sobre Ruta da Auga. Zas

  • Percorrido: Circular
  • Punto de partida/chegada: Ponte do Sisto (Zas)
  • Lonxitude: 10 km.
  • Duración aproximada: 2,5 horas
  • Dificultade: media

O fío condutor desta ruta é a auga, xa que iremos descubrindo varios moliños ao seu paso e irmosas cascadas.
Ademais, a ruta discorre por un medio rural caracterizado pola riqueza xeolóxica e natural dos seus montes, nos que se poden observar a flora e a fauna da zona.

Ao longo de antigos camiños recuperados e sendas de ribeira atoparemos, ademais dos moliños, cascadas, flora e fauna xa mencionadas, un batán, hórreos, abellarizas, mámoas e un castro, elementos que achegan valor a este sendeiro, así como momentos para facer paradas e desfrutar destes recursos.

Tras saír de Ponte Sisto, no primeiro tramo da ruta descubriremos ata 6 moliños diferentes.
Tras estes, emprenderemos o sendeiro rumbo á cascada de Budián.
Cinco moliños atópanse no contorno desta cascada.
O río da Fervenza, de Budián ou do Molino Vello, ten que salvar, neste punto, un desnivel, duns 40 metros nun treito de medio quilómetro, polo que son frecuentes os cadoiros.
Tras descubrir esta cascada, e facer a obrigada foto sentados no banco ao lado da cascada, retomaremos o camiño pasando pola aldea de Budián, con dirección á cascada de Parga.

Antes de chegar, pasaremos pola aldea do mesmo nome e cando estemos xa cerca dela, descubriremos un novo molino e un batán.
Conta a lenda que nesta cascada se afogou unha chica pola tristeza de non poder estar co seu amado e que o mozo se foi e nunca máis volveu.
Por iso, nas noites de luna chea, cando o caudal é atronador, aínda se escoita á mozo chamar polo seu novio.
Merece a pena facer unha parada neste paraxe antes de emprender a marcha rumbo á última cascada desta ruta, a de Rabiñoso, atopando neste caso dous moliños próximos a ela.
Esta cascada está rodeada por un espeso bosque de ribeira e no seu contorno vese unha vella ponte dosas.

Emprendemos de novo a nosa andadura xa cara ao punto de saída, a Ponte Sisto, coincidindo o último tramo deste sendeiro co inicial.
Unha ruta recén homologada onde atopamos un camiño en perfectas condicións, así como unha completa sinalización.

Unha ruta totalmente inmersa nun contorno natural no que a auga é a protagonista.
Escoitaremos o seu son ao longo de todo o camiño, especialmente nas paradas nas 3 cascadas que a conforman, onde a caída da auga deleitará os nosos sentidos, especialmente o da vista e o do oído.

Podemos completar a nosa xornada no concello de Zas cunha visita ao lugar de Baio onde descubriremos o máxica robledal municipal e a próxima área recreativa de Pena Vixía.

Acceso á ruta no noso perfil de wikiloc

Rutas e sendeirismo

Outras rutas na Costa da Morte

Ruta de Corcubión ao faro de Cee

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Villa de Corcubión Lonxitude: 3,83 km (ida) Duración ap...

Ruta do Corredor Megalítico

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS: Quilómetros totais: 41 quilómetros. Accesos en vehículo: Pedra Cuberta, Ar...

Ruta Sendas do Mar De Razo a Baldaio

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Porto de Razo. Praia de Baldaio Lonxitude: 5,5 km Dura...

Museo Aberto de Carnota

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Rieiro – Miñarzo (Carnota) Longitud: 13 km (ida) Duraci...

PRG148 Ponteceso

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Casa natal de Eduardo Pondal / Porto de Corme Lonxitude...

Ruta Muxía – Os Muíños

Percorrido: Circular Punto de partida/chegada: Punta da Cruz. Paseo Marítimo de Muxía Lonxitude: 9,...

PR-G 158 Ruta Costa da Morte

Percorrido: Circular Punto de partida/chegada: Ruinas del Castillo do Soberano (Camariñas) Lon...

Ruta San Guillerme e Faro de Fisterra

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Porto de Fisterra Longitud: 4.00 km (ida) Duración apro...

Ruta Ponte da Garda a Saimia

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Área recreativa de Garda Lonxitude: 0,8 km Duración apr...

Ruta dos menhires.

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS: Kilómetros totais: 43 kilómetros. Accesos en vehículo: Pedra Moura de Alde...