O Víndemo Ver celebra esta Semana Santa a súa décima edición

Carnota

Saber máis sobre O Víndemo Ver celebra esta Semana Santa a súa décima edición

A menos dun mes para a celebración da X Mostra de Promoción Local Víndemo Ver-Mercado da Deputación, que terá lugar os días 6, 7, 8 e 9 de abril.

Un ano máis a praza de San Gregorio de Carnota acollerá unha gran variedade de produtos da horta, ecolóxicos e de proximidade, xunto cun amplo abano de postos de artesanía de creadores locais dentro do “Mercado da Deputación”.
Ademáis destes espazos, distribuiranse pola praza diferentes postos de comida e bebida para degustar ao aire libre.

O evento contará tamén cunha ampla oferta de actividades paralelas como:

A X BTT. Será o venres 7 de abril e a saída farase ás 09:30 dende o patio do CEIP plurilingüe de Carnota e haberá 2 percorridos, un longo e outro curto.
Nesa mesma mañá e paralela a BTT, organizarase unha xincana para a rapazada, coas súas propias bicicletas, tamén no patio do colexio, de 12:00 a 14:00. Para esta última actividade non é necesaria inscrición previa (idades recomendadas de 5 a 12 anos e obrigatorio o uso do casco).

Como xa ven sendo habitual tamén está incluída na programación unha andaina temática que este ano será “A ruta do millo”. O sábado 8 terá lugar a saída, ás 09:30, dende o hórreo de Carnota. Nela poderemos ver distintos exemplares de arquitectura popular vinculada ao millo como hórreos, muíños e eiras. Será unha ruta circular de arredor 9 km.

E un sin fin actividades lúdicas para a rapazada xogos tradicionais, circo, clowns xincanas, etc.
Tamén haberá actuacións culturais e música tradicional amenizando o ambiente da man dos Gaiteiros San Mamede, da Charanga Santa Compaña ou o coro de Chan de Lamas e tamén unha representación teatral da man da Agrupación Folclórica Ximiela de Louro dende o hórreo de Carnota  ata o Mercado da Deputación con actuación final no palco o sábado 8 de abril.

Para amenizar as noites haberá música e teatro. O xoves 6 de abril ás 22:00 Concerto de Chiña no posto de So’nos. O venres 7, ás 21:00h teremos Teatro Vero Rilo “Tralalareira” e a partir das 23:00 Concerto de “La Banda de ayer”. E para rematar, o sábado 8, a partir das 22:00 os Concertos de Leilía e La Quinkillada.

Os asistentes/as poderán tamén visitar durante os catro días as seguintes exposicións na carpa grande, no posto do Concello de Carnota-Deputación da Coruña:

• Maqueta “A época dourada do millo en Carnota”
• Exposición de aparellos de labranza do S.XX “Debullando na memoria de Carnota”.

A feira estará ambientada nos comezos do século XX. A praza de San Gregorio converterase no escenario dun mercado de principios do século pasado. Para contribuír a recrear este ambiente, convidámosvos a acudir caracterizados para a ocasión!

Vindemo ver celebra semana santa decima edicion 1678880609

Máis detalles sobre O Víndemo Ver celebra esta Semana Santa a súa décima edición

Data de inicio

Domingo, 4 de Xuño de 2023

Data de fin

Luns, 4 de Setembro de 2023

Lugar de celebración

Mercado da Deputación

Cultura, deportes, festas…

Próximos eventos en la Costa da Morte

III Encontro Enoliterario Bela Fisterra 2025: viño, literatura e territorio

O sábado 7 de xuño de 2025, de 17:00 a 20:00 h, celébrase unha nova edición do Encontro Enoliterario...

Fecha de inicio

Sábado, 7 de Xuño de 2025

Lugar

Bela Fisterra

Foro Alza Voz de Muller: Liderazgo feminino no rural da Costa da Morte

O Concello de Vimianzo, co apoio da Deputación da Coruña, organiza o I Foro “Alza Voz de Muller”, un...

Fecha de inicio

Venres, 6 de Xuño de 2025

Lugar

Casa da Cultura de Vimianzo

XVII Concentración de Motos Antigas – Concello de Zas

Zas acolle un ano máis unha espectacular concentración de motos con máis de 35 anos de antigüidade. ...

Fecha de inicio

Domingo, 8 de Xuño de 2025

Lugar

Centro Sociocultural de Zas

Exposición “Grafías e Luces” de Miguel Anxo Fernán Vello en Cee

Do 7 de xuño ao 13 de xullo de 2025, a Casa da Cultura de Cee acolle a exposición pictórica "Grafías...

Fecha de inicio

Sábado, 7 de Xuño de 2025

Lugar

Casa da Cultura de Cee

Xornada de portas abertas do “Proxecto Ríos” na Carballeira de Baio

O vindeiro sábado 14 de xuño, de 10:30 a 13:30 horas, celebrarase na Carballeira de Baio unha xornad...

Fecha de inicio

Sábado, 14 de Xuño de 2025

Lugar

Carballeira de Baio (Zas)

Concerto de A Banda da Loba en Cee

O vindeiro sábado 21 de xuño, ás 22:00 horas, o Auditorio Baldomero Cores de Cee acollerá o concerto...

Fecha de inicio

Sábado, 21 de Xuño de 2025

Lugar

Auditorio Baldomero Cores de Cee

Lumarea 2025 en Camariñas

O domingo 23 de xuño, a praia da Area da Vila será o escenario da Lumarea 2025 en Camariñas, conside...

Fecha de inicio

Luns, 23 de Xuño de 2025

Lugar

Praia de Area da Vila Camariñas

IX Legua Irmandiña 2025

O sábado 28 de xuño ás 21:00 h celébrase a IX Legua Irmandiña 2025, unha das carreiras máis singular...

Fecha de inicio

Sábado, 28 de Xuño de 2025

Lugar

Concello de Vimianzo

Bibopalula: teatro e ritmo para toda a familia en Cee

O sábado 28 de xuño ás 17:30 horas, o Auditorio Baldomero Cores de Cee acollerá o espectáculo famili...

Fecha de inicio

Sábado, 28 de Xuño de 2025

Lugar

Auditorio Baldomero Cores de Cee

Primavera Cultural 2025 en Cee

A Primavera Cultural 2025 en Cee ofrece unha ampla variedade de eventos para todos os públicos, dend...

Fecha de inicio

Sábado, 22 de Marzo de 2025

Lugar

Concello de Cee
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.