O vindeiro luns 28 de maio é o Día Internacional do Xogo. Con motivo da celebración, o Concello de Zas, organiza o día anterior unha xornada adicada ao xogo tradicional galego. Durante a mañá do domingo 27, entre as 11:30 e 14:00 horas, estarán instalados no contorno das Torres do Allo numerosos postos de xogos tradicionais para que calquera persoa ou familia poida achegarse e aprenderlles aos máis pequenxs a divertirse coma en tempos.
A actividades realízase coa participación da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional que se encarga de proporcionar os materiais e de divulgar a mecánica de xogos coma os birlos, a buxaina, a mariola, as chapas, a roma, a chave, os zancos, as carrilanas, o tirapedras… e moitos máis. A maxestosa avenida de entrada ao monumento permanecerá pechada ao tráfico para proporcionar un gran espazo lúdico onde pasar unha mañá en familia.
Ese mesmo domingo haberá, coma tódalas fins de semana, visitas guiadas á 13:00 e ás 17:00, ademais do xogo de pistas “Os Segredos Ocultos das Torres”. Máis información sobre as actividades e horarios de apertura na web www.torresdoallo.gal.
Data de inicio
Data de fin
Torres do Allo
Cultura, deportes, festas…
Concello
Lugar
Concello
Lugar