Carballo despide o ciclo SolxCiencia cunha cita que une o espazo, a historia do clima e a investigación máis próxima. Este xoves 13 de agosto de 2026, ás 20:30 h, a Cafetería Baños Vellos acolle un encontro coa enxeñeira aeroespacial carballesa Ana Cambón Periscal e coa investigadora Uxía Fernández Pérez. O acceso é libre e de balde ata completar a capacidade.
Que pode contarnos un satélite sobre a Terra? E como podemos saber que clima había hai centos ou miles de anos, moito antes dos satélites e dos rexistros meteorolóxicos? A sesión propón unha viaxe apaixonante desde a observación actual do planeta ata a reconstrución dos seus climas pasados.
Ana Cambón, enxeñeira aeroespacial e controladora da misión europea Sentinel-3, achegará ao público o traballo diario que hai detrás dun dos satélites do programa Copernicus. Explicará como a observación desde o espazo permite medir a temperatura da superficie terrestre e mariña, seguir a evolución da vexetación e dos océanos e obter datos fundamentais para estudar o cambio climático, as secas e a xestión dos recursos naturais.
Uxía Fernández, investigadora do grupo GRICA-BIOpast da Universidade da Coruña, levaranos na dirección contraria: cara ao pasado. Lagos, sedimentos e outros arquivos naturais gardan pistas que permiten reconstruír temperaturas, precipitacións e transformacións ambientais de épocas remotas. Coñecer esa historia axúdanos a interpretar mellor os cambios que observamos hoxe.
Unha oportunidade estupenda para gozar da ciencia nun ambiente próximo, descubrir como se investiga o noso planeta desde escalas moi diferentes e pechar SolxCiencia mirando ao mesmo tempo ao ceo e á memoria da Terra.
A actividade forma parte da programación de divulgación científica impulsada pola Concellaría de Innovación dentro do proxecto Talento quilómetro cero (TALK 0), financiado pola Unión Europea.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Cafetería Baños Vellos, Carballo
Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!