O martes 23 de abril preséntase “Finis Terrae”, o primeiro libro do fotógrafo carballés Marcos Rodríguez, publicado por Editorial Canela dentro da colección “Imaxes dun país”.
Unha selección de 170 fotografías de contido etnográfico e social produto de case dúas décadas de percorrido pola Costa da Morte. Xentes, oficios, celebracións tradicionais e relixiosas, rituais, ao lume, á terra, ao mar…
O texto de presentación do libro foi escrito pola poeta Rosalía Fernández Rial, que acompañará a Marcos Rodríguez como condutora do acto. O acceso ao recinto do Museo de Bergantiños será libre e de balde ata completar capacidade.
Presentación organizada polas áreas de Cultura e Bibliotecas de Carballo.
Data de inicio
Data de fin
Museo de Bergantiños
Cultura, deportes, festas…
Concello
Lugar
Concello
Lugar
Concello
Lugar
Concello
Lugar