A Concellaría de Cultura do Concello de Vimianzo presentou a programación teatral do Auditorio da Casa da Cultura para os meses de outubro, novembro e decembro. Unha vez máis achegaranse a Vimianzo figuras da talla de Antonio Durán-Morris, Federico Pérez, Mercedes Castro, María Vázquez, César Cambeiro, Adrián Ríos, Patricia Pérez,Toño Casais, Atur Trillo,etc. Na selección de obras destacan as máis representativas do panorama galego actual. Algunhas delas chegan a Vimianzo despois de colleitar un enorme éxito internacional.
O sábado 6 de outubro achegarase a Vimianzo a compañía EME2 coa obra A leituga, que aborda en clave de humor as distintas reaccións familiares ante o envellecemento dos pais. O 13 é o turno de Contraproducións con Fillos do sol. Esta obra achégase ao universo de Eduardo Pondal no centenario do seu falecemento. O 27, Quico Cadaval presentaranos o seu monólogo Os inocentes, que ten como tema central a Guerra Civil.
As representacións de novembro estrearanse o día 3 coa representación de Castrapo, a primeira montaxe de Os naúfragos teatro. Achégannos a historia dun escritor que nunha viaxe en tren se reeencontra co seu pasado. O día 10 será a quenda de A canción do elefante, un triller psicolóxico orixinal do autor canadense Nicolas Billon que nos conta ainvestigación acerca da desparición dun psiquiatra. A última persoa que o viu é un paciente obsesionado cos elefantes.O día 17 achegarase a Vimianzo a compañía Talía coa obra O servidos de dous amos. Talia presenta nesta ocasión unha reinvención da obra de Goldini incorporando novas formas de teatralidade.
O mes de novembro pecharase o día 24 con Tropical, unha historia que discorre nun navío habitado por viaxeiros con destinos entrelazados, no que se mesturan turistas, migrantes, músicos ou refuxiados. O 1 de decembro ButacaZero achegaranos Camiños, unha reflexión acerca dos tópicos de Galicia e dos galegos, acerca do que significa Galicia no século XXI. O 2 de decembro pecharase a programación co espectáculo familiar de Pistacatro, Outono, unha homenaxe aos pallasos clásicos contada a través dunha compañía de clowns.
O público infantil e familiar tamén ten o seu oco nesta programación. O 7 de outubro A xanela do Maxín, achegaranos As aventuras de Gale, un espectáculo de monicreques e música que nos axudara a comprender a importancia de poder gozar da música, dos libros ou dos poemas creados en galego. O 21 de outubro será a quenda de Muíñada de Galeatro. Conta a historia dun mozo e unha moza que por un malentendido coa quenda se atopan nun muíño de auga. Ó ver que os dous non poden moer o mesmo tempo, comezan unha discusión na que o xogo, as lendas, a tradición e a música farán que os cativos e os que non o son tanto se acheguen a un edificio que foi fundamental para a Galicia do século XX; o muíño de auga
O 4 de novembro chegará Forzu2 de Circo Chosco, un espectáculo no que dous atletas fan trucos imposibles diante do público. O 2 de decembro pecharase a programación co espectáculo familiar de Pistacatro, Outono, unha homenaxe aos pallasos clásicos contada a través dunha compañía de clowns.
Ademais hai programadas destinadas aos centros de ensino, o 23 de outubro Paco Nogueiras traerá o seu Radio Bule Bule, o 24 de outubro Oviravai representará Vaioviravai! E o 25 de outubro Pakolas cantará as cancións do seu espectáculo As parábolas de Pakolas.
As representacións dos sábados,destinadas a adultos, serán ás 21:00h. Os domingos, destinadas ao público familiar, serán ás 18:30 h. As infantís serán todas de balde, agás Outono na que pagarán só os adultos. Estará á venda un bono para os 9 espectáculos por 32€ e haberá descontos para maiores de 65 anos e para estudantes
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Casa de la Cultura Vimianzo
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!