2024
5
Decembro

Nadal en Carballo

Artesanía, Cultura, Feiras, Festas
Carballo

Saber máis sobre Nadal en Carballo

Este ano, Carballo terá un mes completo de actividades, como reflicte o calendario que ocupa as páxinas centrais do folleto que podes descargar ao final do post.

Pensando na dinamización do comercio haberá propostas como o Mercado da Ilusión, do 5 ao 8 de decembro; a Feira Dulce, que se celebrará no fin de semana do 28 e 29, coincidindo co feirón; os pinchos de Nadal que se servirán o 22 no mercado municipal ou os Cantos de Nadal que animarán as rúas comerciais os días 22 e 29. Un ano máis premiaremos as compras no comercio local con diferentes regalos, e, en colaboración co Centro Comercial Aberto (CCA), cuxas propostas están incluídas tamén no programa, contaremos cun stand chegado directamente de Laponia para que Papá Noel se sinta como en casa na estadía que realizará do 20 ao 24 de decembro.

Xunto ao imprescindible Nadal Pequespectacular, que, como sempre, ofrecerá tres espectáculos de circo, teatro e maxia de primeirísimo nivel, este ano chega o Nadal Rebuldeiro, pensado para facer moverse á rapazada. A peza central será Mundo Xogo, un parque de atraccións que inclúe espazos de Superthings, Playmobil, Rolly Toys, realidade virtual e radio control, e que ocupará a carpa da Praza do Concello do 14 ao 21 de decembro. Pero, ademais, os días 30 de decembro e 2 e 3 de xaneiro descubriremos a futuros emprendedores e emprendedoras da robótica, a mecánica e a enxeñaría cos obradoiros de construción de vehículos eléctricos infento. E xunto a todo iso, o 23 de decembro poderán sacar as bicis para participar nunha divertida xincana de elfos. As actividades do programa Apego, como a festa do día 20, e das bibliotecas completan a oferta vacacional para a infancia.

E pensando no público adulto temos tamén propostas diferenciadas, como os cursos de cociña de Nadal que se impartirán os sábados 14 e 21 na Escola de Hostalaría do Fórum Carballo ou os bailes dos domingos. O día 29 celebraremos un baile para todos os públicos na carpa da Praza do Concello, con cotillón, música e animación.

Descarga o programa completo aquí: https://carballo.org/media/documentos/NADAL_EN_CARBALLO_24__compressed.pdf

Nadal Carballo 2024

Máis detalles sobre Nadal en Carballo

Data de inicio

Xoves, 5 de Decembro de 2024

Data de fin

Luns, 6 de Xaneiro de 2025

Lugar de celebración

Carballo

Se desexas que o teu evento salga publicado neste web envíanos un email a
comunicacion@visitacostadamorte.com cos datos completos.

Cultura, deportes, festas…

Próximos eventos na Costa da Morte

Festas de San Cristovo 2026 en Corzón

As Festas de San Cristovo 2026 en Corzón celebraranse os días 10 e 11 de xullo cunha programación qu...

Fecha de inicio

Venres, 10 de Xullo de 2026

Lugar

Corzón, Mazaricos

Lévame ao Paraíso en Muxía

O I Ciclo de Teatro Afeccionado de Muxía chega á súa fin o sábado 11 de xullo de 2026 coa obra Lévam...

Fecha de inicio

Sábado, 11 de Xullo de 2026

Lugar

Salón do Voluntariado de Muxía

Festas de San Cristovo 2026 en Baio

As Festas de San Cristovo 2026 en Baio, no concello de Zas, celebraranse os días 10 e 11 de xullo cu...

Fecha de inicio

Venres, 10 de Xullo de 2026

Lugar

baio zas

Concerto de Cé Orquestra Pantasma

O Concerto de Cé Orquestra Pantasma celebrarase o sábado 11 de xullo de 2026 ás 13:00 h no Camping L...

Fecha de inicio

Sábado, 11 de Xullo de 2026

Lugar

Camping Lago-Mar

Día da Bicicleta de Cee

O Día da Bicicleta de Cee celebrarase o sábado 11 de xullo de 2026 ás 11:00 h, dentro da programació...

Fecha de inicio

Sábado, 11 de Xullo de 2026

Lugar

Cee (Costa da Morte)

VI Foliada de Camelle

A VI Foliada de Camelle celebrarase o 11 de xullo de 2026 en Camelle, no concello de Camariñas, a pa...

Fecha de inicio

Sábado, 11 de Xullo de 2026

Lugar

Camelle

I Torneo de Fútbol 7 en Buño

O I Torneo de Fútbol 7 celebrarase o 11 de xullo de 2026 no Campo de fútbol de Xaviña, en Buño, no c...

Fecha de inicio

Sábado, 11 de Xullo de 2026

Lugar

Campo de fútbol de Xaviña (Buño)

Concerto de Aida Piano Trío nas Torres do Allo

O concerto de Aida Piano Trío chegará ás Torres do Allo, no concello de Zas, o sábado 11 de xullo de...

Fecha de inicio

Sábado, 11 de Xullo de 2026

Lugar

Torres do Allo

Memoria de Xigantes: A cultura da balea

Memoria de Xigantes: A cultura da balea celebrarase o sábado 11 de xullo de 2026 ás 20:00 h no Fogar...

Fecha de inicio

Sábado, 11 de Xullo de 2026

Lugar

Casa do Pescador de Malpica
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.