Cereixo celebrará do 24 ao 26 de xullo de 2026 as súas festas na honra de Santiago Apóstolo cunha programación de tres días que combinará actos relixiosos, gastronomía, música e verbenas. A celebración conta coa colaboración do Concello de Vimianzo.
O venres 24 de xullo haberá unha festa de degustación de chourizo ao viño amenizada polo Dúo Galán e, pola noite, gran verbena coa Orquestra Cuarta Calle e a Discoteca Eme Music con DJ Marcos Magán. O sábado 25 comezará con alboradas e pasarrúas a cargo dun grupo de gaitas. Ás 13:00 horas celebrarase a misa solemne na honra de Santiago Apóstolo, San Antonio e a Virxe do Carme, seguida da sesión vermú co Grupo Saoco, chegado desde Canarias e que actuará por primeira vez en Galicia. Pola noite, a verbena continuará co Grupo Saoco e a Discoteca Superfabrik.
O domingo 26 de xullo, ás 13:00 horas, celebrarase a misa solemne na honra do Santísimo Sacramento e, a continuación, a sesión vermú co Dúo The Voice. Desde as 19:00 horas haberá tardeo coa Disco Móbil CDC e churrasco gratuíto por cada consumición.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Cereixo (Vimianzo)
Se desexas que o teu evento salga publicado neste web envíanos un email a
comunicacion@visitacostadamorte.com cos datos completos.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!