As Festas de San Pedro 2026 en Redonda celebraranse os días 27, 28 e 29 de xuño cun programa no que non faltarán as sesións vermú, as verbenas, os pasarrúas, os actos relixiosos e as actividades para os máis pequenos. Tres xornadas de música e tradición para reunir á veciñanza e desfrutar do ambiente das festas parroquiais.
O sábado 27 de xuño comezará cunha sesión vermú amenizada pola Orquestra Tokio. Pola tarde chegará a charanga A Tripula-Sión e haberá inchables de balde. Xa pola noite, a gran verbena contará novamente coa Orquestra Tokio e coa Disco Móbil CDC. O domingo 28 haberá pasarrúas coa charanga O Rumbo, misa solemne ás 12:00 horas na honra da Virxe do Carme e, a continuación, sesión vermú coa Orquestra Ritmo. Tamén haberá inchables gratuítos e, pola noite, verbena con Ritmo.
O luns 29 de xuño, día de San Pedro, a programación incluirá pasarrúas coa charanga O Rumbo e misa solemne ás 12:00 horas. A sesión vermú estará amenizada pola Orquestra Platinum e, pola noite, as Festas de San Pedro en Redonda despediranse cunha gran verbena a cargo de Fania Blanco Show e da Orquestra Platinum.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Iglesia de San Pedro de Redonda, Corcubión
Se desexas que o teu evento salga publicado neste web envíanos un email a
comunicacion@visitacostadamorte.com cos datos completos.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!