As Festas da Virxe das Dores 2026 en Gures, no concello de Cee, celebraranse os días 26 e 28 de xuño cun programa que combina gastronomía popular, música tradicional, verbena e actos relixiosos. Dúas xornadas para reunir á veciñanza e desfrutar do ambiente das festas parroquiais da Costa da Morte.
O venres 26 de xuño, a partir das 21:30 horas, celebrarase unha gran churrascada amenizada polo grupo de música tradicional Tanto Nos Ten. Para participar será necesario solicitar o correspondente tícket coa consumición. A continuación, a festa continuará coa verbena a cargo do Trío Alborada e do Grupo Fussion.
O domingo 28 de xuño haberá pasarrúas co grupo de gaitas O Sib do Solpor, misa ás 9:00 horas e misa solemne con procesión ás 13:00 horas. Despois celebrarase unha sesión vermú dobre con aperitivo a cargo do Dúo Ciclón. En caso de choiva, a organización instalará unha carpa.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Gures (Cee)
Se desexas que o teu evento salga publicado neste web envíanos un email a
comunicacion@visitacostadamorte.com cos datos completos.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!