O martes 29 de setembro, Malpica de Bergantiños convida a descubrir de preto un dos oficios máis vencellados á identidade mariñeira da Costa da Morte: o traballo das redeiras. A visita guiada “Descubrindo o oficio das redeiras en Malpica” propón unha experiencia de turismo mariñeiro para achegarse ás artes de pesca, aos saberes tradicionais e ao papel esencial destas profesionais no sector pesqueiro.
Ao longo da visita, as persoas participantes poderán coñecer como se preparan, reparan e manteñen as redes e outras artes de pesca, descubrindo técnicas e coñecementos transmitidos de xeración en xeración. Máis alá da destreza manual, o encontro permite comprender a importancia social, económica e cultural das redeiras e a súa estreita relación coa vida portuaria de Malpica.
É unha oportunidade para vivir o territorio desde dentro, poñendo rostro e voz a un oficio tradicional que continúa sendo fundamental para a actividade pesqueira e para a conservación do patrimonio mariñeiro galego.
A actividade forma parte da proposta de Mar e Rías: Pesca & Turismo, pensada para coñecer o territorio do GALP Costa da Morte a través do mar, das súas xentes e dos seus oficios. Un plan diferente para descubrir Malpica desde a súa esencia mariñeira e valorar o coñecemento das persoas que manteñen viva a cultura do mar.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Muelle Sur, nº 48, 15113 Malpica de Bergantiños
Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!