Cereixo celebra o outono cunha xornada cultural que une patrimonio, memoria, música e comunidade nun dos lugares con máis personalidade de Vimianzo. A Costa da Vida · Outono 2026 celebrarase o 4 de outubro, a partir das 11:00 h, na Igrexa de Santiago de Cereixo.
A programación comeza ás 11:00 h con «De viaxe lendaria a recurso cultural: a Translatio de Cereixo como modelo», unha presentación e exposición da mediadora cultural Raquel López Noia. Unha proposta para achegarse ao valor histórico e simbólico da coñecida representación da Translatio conservada na igrexa de Cereixo.
Ás 12:00 h será a quenda de Os Quinquilláns con «A barca prodixiosa de Cereixo», un espectáculo inspirado no imaxinario e na tradición vinculados a este lugar.
A xornada continuará ás 13:00 h cun concerto do Coro Galilea de Cereixo xunto a Caamaño & Ameixeiras, dúas voces destacadas da música galega contemporánea e de raíz.
Ao rematar a programación cultural celebrarase un petisco e encontro comunitario, pensado para prolongar a experiencia e compartir conversa arredor do patrimonio e da vida cultural de Cereixo.
Unha cita especialmente atractiva para quen queira coñecer o patrimonio de Cereixo desde unha mirada viva, participativa e conectada coa creación cultural galega actual.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Igrexa de Santiago de Cereixo, Porto de Cereixo, Vimianzo
Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!