O ciclo de cine Afiando Fouciños comeza en Baio cunha sesión dedicada ao río do Porto e á memoria da Terra de Soneira. O sábado 26 de setembro de 2026, ás 19:00 h, o Auditorio de Baio acolle a presentación do documental O río do Porto, o río grande da Terra de Soneira, unha produción do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM).
A película dá continuidade ao traballo de investigación e divulgación que o SEMESCOM desenvolve arredor deste curso fluvial, unha das referencias naturais, históricas e culturais da Terra de Soneira. O proxecto audiovisual parte do libro homónimo publicado en 2019 e afonda no percorrido do río, na súa historia e na evolución do seu nome.
O documental presta especial atención á denominación histórica río do Porto, documentada desde hai séculos, e á posterior extensión do nome río Grande desde a década de 1960. A proposta combina explicación histórica e lectura do territorio para achegar ao público un patrimonio ligado á paisaxe e á identidade desta parte da Costa da Morte.
Na sesión intervirán Evaristo Domínguez Rial e Xosé María Lema Suárez, membros da directiva do SEMESCOM; Lema Suárez é ademais guionista do documental. O encontro estará moderado por Manuel Muíño Espasandín, alcalde do Concello de Zas.
Afiando Fouciños nace en 2026 como unha nova iniciativa vinculada aos VI Premios Fouciño, que se celebrarán do 22 ao 24 de outubro en Baio e que este ano poñen o foco na animación galega. Durante as semanas previas, o ciclo propón catro proxeccións documentais en Baio e Zas centradas na memoria, na cultura e na realidade do territorio.
Tras esta primeira sesión dedicada a O río do Porto, a programación continuará con 360 Curvas, Crónicas dun Non e Deuses de Pedra.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Auditorio de Baio
Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!