Caión celebra do 5 ao 13 de setembro de 2026 a novena da Virxe dos Milagros, unha das citas relixiosas máis arraigadas da Laracha e da Costa da Morte. Durante nove días, a igrexa parroquial de Nosa Señora do Socorro e o Santuario dos Milagres acollerán misas, celebracións solemnes e as tradicionais procesións de subida e baixada da Virxe.
A Romaría da Nosa Señora dos Milagres de Caión, recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia, reúne cada setembro veciñanza, devotos e peregrinos arredor dunha tradición que forma parte da identidade relixiosa e cultural da vila.
O 8 de setembro é o día central dos Milagres de Caión, mais o programa relixioso esténdese durante toda a novena. A subida da imaxe ao Santuario, a misa solemne e a posterior procesión de regreso marcan algúns dos momentos máis emotivos desta celebración, que cada ano atrae numerosos peregrinos.
Podes ampliar información sobre a romaría na web oficial de Turismo de Galicia.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Igrexa parroquial de Nosa Señora do Socorro e Santuario dos Milagres de Caión
Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!