Rockarballo regresa o venres 28 de agosto para pechar con enerxía a programación estival de Ondas Culturais 2026. O barrio da Milagrosa será o punto de encontro para unha noite de música en directo con tres propostas vencelladas á escena de Bergantiños: Pablo Carballo, Mal Juicio e The Cerne.
Pablo Carballo presentará un proxecto en galego que se move con liberdade entre ritmos como a bachata e o mambo e elementos da música tradicional galega. Unha proposta persoal que parte do local sen renunciar a mesturar linguaxes e sonoridades.
Mal Juicio levará ao escenario a enerxía do seu rock xuvenil con temas propios e unha actitude directa, mentres que The Cerne amosará a súa evolución cara á composición orixinal despois de anos interpretando versións, cun son marcado polo rock, o blues e unha sensibilidade galega de carácter intimista.
Máis ca unha sucesión de concertos, Rockarballo funciona como escaparate do talento próximo e como espazo para descubrir como distintas xeracións e estilos dialogan dentro da música feita na comarca. A entrada é de balde.
Organiza a Concellaría de Cultura do Concello de Carballo, coa colaboración da Asociación Musical Costa da Morte.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Barrio da Milagrosa
Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!