Os concellos de Laxe e Vimianzo organizan por segundo ano consecutivo unha andaina guiada pola Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba. A iniciativa busca dar a coñecer e poñer en valor un dos espazos naturais máis singulares da Costa da Morte.
O percorrido estará guiado polo xeólogo Xan Fernández Carrera, quen explicará ás persoas participantes as claves para comprender a riqueza xeolóxica, paisaxística e natural deste enclave. A ruta terá unha distancia de 5,4 quilómetros e desenvolverase polo concello de Laxe.
A andaina celebrarase o sábado 11 de xullo de 2026. A saída será ás 9:30 horas desde o cruce do Bañal e a chegada ao mesmo punto está prevista arredor das 14:00 horas. As inscricións permanecerán abertas ata o xoves 9 de xullo a través do formulario de inscrición ou das páxinas web dos concellos de Vimianzo e Laxe.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Penedos de Pasarela
Se desexas que o teu evento salga publicado neste web envíanos un email a
comunicacion@visitacostadamorte.com cos datos completos.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!