A Programación de verán 2026 en Carnota reúne propostas culturais, deportivas, turísticas e festivas entre os meses de xuño e setembro. O calendario inclúe espectáculos para público infantil e familiar, teatro, cinema ao aire libre, rutas guiadas, música, festas populares, gastronomía e actividades vencelladas ao patrimonio e á natureza do municipio.
A programación comezará o 17 de xuño co Festival de Música da ESMU no Auditorio do Viso e continuará durante xullo con espectáculos como “Con lingua propia” de Peter Punk Pallaso, “As máis molonas de Pakolas”, “A volta máxica ao mundo” da Maga Gema ou “Sherezade, Aladino e os tres beduínos” de Teatro dos Ghazafelhos. Haberá tamén rutas guiadas por Lira, A Moa e os petróglifos das Laxiñas, cinema na rúa, degustacións de produtos do mar e celebracións populares en Caldebarcos.
En agosto chegarán novas citas como a Carreira a Pé de Lira, MaméVisión, cinema ao aire libre, rutas nocturnas, a Festa de San Mamede, a Gala Lírica de Vilar de Carnota, a Festa do Mar de Lira, teatro no Hórreo de Lira, contacontos e as festas de Quilmas e Mallou. O programa completarase o 27 de setembro coa Carreira das Areas. As inscricións para as rutas e outras actividades que o requiran realizaranse a través de turismocarnota.com ou das plataformas indicadas pola organización.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Carnota
Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!