Muxía Itinerante 2026 volve este verán cunha programación especial que percorrerá diferentes puntos do Concello de Muxía para achegar a cultura, o lecer e as actividades ao territorio. Obradoiros, roteiros, propostas deportivas, espectáculos, monólogos, música, natureza e astronomía forman parte dun programa pensado para descentralizar a oferta cultural e crear espazos de encontro en distintos lugares da comarca.
A programación inclúe citas moi diversas, como o Feirón de Senande, con obradoiros, postos de artesanía e gastronomía e concertos; un roteiro de Muxía a Moraime guiado por Xan Fernández; A Onda de Nemiña, unha xornada vencellada ao deporte, á música e ao mar; e unha noite astronómica no Faro de Touriñán co experto Jorge Mira Pérez, nun dos lugares máis especiais da península para contemplar o solpor e mirar ao ceo.
Ademais, Muxía Itinerante traerá monólogos e espectáculos a diferentes parroquias, con propostas en Quintáns, Merexo, Suxo, Os Muíños e Nemiña. Un verán para moverse, descubrir Muxía doutro xeito e desfrutar da cultura preto da casa.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Muxía
Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!