As Festas de San Isidro 2026 en Quintáns celebraranse o sábado 16 de maio nesta localidade do Concello de Muxía, cunha xornada pensada para compartir tradición, música e boa comida en comunidade. A comisión prepara con moita ilusión unha nova edición destas festas, que medran ano a ano mantendo ese espírito próximo, alegre e veciñal tan propio das celebracións da Costa da Morte.
O programa comezará ás 12:00 h coa misa na honra de San Isidro, cantada e con procesión acompañada polos Xaramiños do Corpino. Ás 13:30 h chegará a sesión vermú a cargo do Grupo Alaska e, de seguido, celebrarase unha gran churrascada con empanada, churrasco a fartar, postre, café e chupito. O prezo do menú será de 25 € e a data límite para conseguir ticket é o 13 de maio.
Pola tarde haberá un gran tardeo con DJ Martín Pérez e DJ Crejo, antes de dar paso a unha verbena ata a madrugada co Grupo Alaska e Full Discoteca Móbil. Haberá carpa para gozar da festa con comodidade, e os tickets para o menú poden adquirirse a través dos membros da comisión: Sindy 658 624 773, Santi 634 729 729, Romina 686 065 073 e Sergio 627 778 698.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Quintáns Muxia
Se desexas que o teu evento salga publicado neste web envíanos un email a
comunicacion@visitacostadamorte.com cos datos completos.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!