2026
16
Maio

Pequen@s lector@s, grandes creacións nas Torres do Allo

Cultura
Zas

Saber máis sobre Pequen@s lector@s, grandes creacións nas Torres do Allo

As Torres do Allo celebran o Día das Letras Galegas cunha xornada especial pensada para achegar a lectura, a creatividade e a lingua galega aos máis pequenos nun dos espazos patrimoniais máis singulares da Costa da Morte. A actividade terá lugar o 16 de maio baixo o título “Pequen@s lector@s, grandes creacións”, dentro da programación cultural do Concello de Zas.

A proposta principal será un obradoiro creativo de elaboración de marcapáxinas, dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 10 anos, así como a persoas adultas que queiran participar. Durante a actividade, as persoas asistentes poderán deseñar e personalizar os seus propios marcapáxinas empregando diferentes técnicas e materiais, nunha experiencia que une expresión artística, lectura e posta en valor do galego.

A xornada complétase coa exposición temporal “Os Riobóo, a saga do Allo”, visitas guiadas ás 13:00 e ás 17:00 horas e o xogo de pistas “O legado de Francisca”, unha proposta familiar para descubrir o conxunto patrimonial dun xeito participativo. Todas as actividades son de balde, pero requiren inscrición previa nos Centros Socioculturais de Zas e Baio, nos teléfonos 981 751 398 e 981 718 056, ou no correo info@torresdoallo.gal.

Pequeñ@s lector@s, grandes creaciones en las Torres do Allo

Máis detalles sobre Pequen@s lector@s, grandes creacións nas Torres do Allo

Data de inicio

Sábado, 16 de Maio de 2026

Data de fin

Sábado, 16 de Maio de 2026

Lugar de celebración

Torres do Allo

Se desexas que o teu evento salga publicado neste web envíanos un email a
comunicacion@visitacostadamorte.com cos datos completos.

Cultura, deportes, festas…

Próximos eventos na Costa da Morte

Ximnasia rítmica e estética en Muxía

O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o talento da mocidade coa actividad...

Fecha de inicio

Mércores, 10 de Xuño de 2026

Lugar

Pavillón Municipal de Muxía

Foro da Avaliación Intermedia da Estratexia do GALP Costa da Morte

O Foro da Avaliación Intermedia da Estratexia do GALP Costa da Morte celebrarase o xoves 11 de xuño ...

Fecha de inicio

Xoves, 11 de Xuño de 2026

Lugar

Centro de Artesanía e Tradición de Buño

Xornada sobre o eclipse solar 2026 en Dumbría

A Xornada sobre o eclipse solar 2026 en Dumbría celebrarase o xoves 11 de xuño ás 19:30 horas no Edi...

Fecha de inicio

Xoves, 11 de Xuño de 2026

Lugar

Ctra. General, 69 - Ézaro - 15297 - Dumbría (A Coruña)

Obradoiro Consellos para a horta en Zas

O Obradoiro Consellos para a horta en Zas chega ao Centro Sociocultural de Zas o venres 12 de xuño á...

Fecha de inicio

Venres, 12 de Xuño de 2026

Lugar

Centro Sociocultural de Zas

Cea da Fame de Cáritas en Vimianzo

A Cea da Fame de Cáritas en Vimianzo celebrarase o 12 de xuño de 2026 ás 21:00 horas no Centro Comer...

Fecha de inicio

Venres, 12 de Xuño de 2026

Lugar

Centro Comercial Fonte dos Cabalos

VI Cross de Obstáculos Terras do Vákner en Dumbría

O VI Cross de Obstáculos Terras do Vákner chega de novo ao Concello de Dumbría cunha proposta deport...

Fecha de inicio

Sábado, 13 de Xuño de 2026

Lugar

Dumbría

Festas de San Adrián 2026 en Corme-Aldea

As Festas de San Adrián 2026 en Corme-Aldea celebraranse os días venres 12 e sábado 13 de xuño cunha...

Fecha de inicio

Venres, 12 de Xuño de 2026

Lugar

Corme-Aldea

Torneo As Baleas 2026 en Camariñas

O Torneo As Baleas 2026 en Camariñas celebrarase o sábado 13 de xuño no Campo de Fútbol Vicente Carr...

Fecha de inicio

Sábado, 13 de Xuño de 2026

Lugar

Campo de Futbol de Camariñas

6ª Carreira Popular Faro Roncudo en Corme-Porto

A 6ª Carreira Popular Faro Roncudo celebrarase o 13 de xuño a partir das 18:45 horas na Praza da Rib...

Fecha de inicio

Sábado, 13 de Xuño de 2026

Lugar

Corme-Porto
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg