2026
11
Abril

Marea Viva será gaélica no Hotel Bela Fisterra

Cultura
Fisterra

Saber máis sobre Marea Viva será gaélica no Hotel Bela Fisterra

O proxecto Marea Viva do Hotel Bela Fisterra dá un novo paso na súa traxectoria coa chegada do poeta irlandés Paddy Bushe, que se converte no novo padriño desta habitación creativa e itinerante. Este espazo singular, pensado como lugar de creación contemporánea, segue medrando como punto de encontro entre a arte, a literatura e o mar, mantendo vivo un diálogo constante coa Costa da Morte e coa identidade atlántica que a define.

Paddy Bushe recolle así o relevo de Marilar Aleixandre, Juan Carlos Mestre e Yolanda Castaño, nunha edición marcada polo vínculo entre Galicia e Irlanda. O poeta, que xa se atopa aloxado en Bela Fisterra desde o 3 de abril e percorrendo a Costa da Morte, volverá conectar coa paisaxe e coa inspiración que xa deron lugar no 2025 ao poema Bela Fisterra, escrito en inglés e gaélico. A tradución corre a cargo de Antonio de Toro, que estará acompañado por David Clark e Miguel Giráldez, do Instituto Universitario Amergin, Irish Studies – UDC, responsables tamén da tradución simultánea.

O acto celebrarase o sábado 11 de abril ás 12:30 horas en Bela Fisterra, nun encontro no que se escenificará a entrega da testemuña entre Marilar Aleixandre e Paddy Bushe. Participarán tamén Modesto Fraga, David Clark e Miguel Giráldez, e haberá recitados de distintas voces da poesía e da cultura galega. Ás 13:30 horas presentarase o videopoema Bela Fisterra, dirixido por Juan Lesta, que tamén asina a peza visual e a imaxe do poema que tematizará o cuarto Marea Viva. A cita contará ademais coa animación musical de Os Sib do Solpor, reforzando o carácter artístico e atlántico desta experiencia única en Fisterra.

PAddy Bushe Marea Viva no Bela Fisterra

Máis detalles sobre Marea Viva será gaélica no Hotel Bela Fisterra

Data de inicio

Sábado, 11 de Abril de 2026

Data de fin

Sábado, 11 de Abril de 2026

Lugar de celebración

Hotel Bela Fisterra

Se desexas que o teu evento salga publicado neste web envíanos un email a
comunicacion@visitacostadamorte.com cos datos completos.

Cultura, deportes, festas…

Próximos eventos na Costa da Morte

Eclipse na fin do mundo

Eclipse na fin do mundo achega a Fisterra unha xornada divulgativa moi especial arredor do eclipse, ...

Fecha de inicio

Xoves, 28 de Maio de 2026

Lugar

Salón de Actos del Concello de Fisterra

BailaSábados! Sábados de baile no Local Social de Oca

Se che apetece botar un baile e pasar unha tarde animada, BailaSábados! trae sábados de baile no Loc...

Fecha de inicio

Sábado, 7 de Febreiro de 2026

Lugar

Local Social de Oca Coristanco

Exposición “Óleos en lámina” en Cee

A Casa da Cultura de Cee acollerá a exposición “Óleos en lámina”, unha mostra de pintura de Fernando...

Fecha de inicio

Sábado, 30 de Maio de 2026

Lugar

Casa da Cultura de Cee

V Ruta Cabalar en Pasarela

A V Ruta Cabalar en Pasarela celebrarase o 30 de maio cunha xornada pensada para gozar dos cabalos, ...

Fecha de inicio

Sábado, 30 de Maio de 2026

Lugar

Pasarela, Calo, Vimianzo

Exposición Cores da alma en Baio

A exposición Cores da alma en Baio poderá visitarse no Centro Sociocultural de Baio desde o luns 4 d...

Fecha de inicio

Luns, 4 de Maio de 2026

Lugar

Centro Sociocultural de Baio

XI Trail Vikingo en Carnota

O XI Trail Vikingo en Carnota celebrarase o domingo 31 de maio cunha nova xornada de deporte, nature...

Fecha de inicio

Domingo, 31 de Maio de 2026

Lugar

Carnota

Ioga e brunch con Nuria Calzas en LagoMar

LagoMar Camping organiza unha nova proposta dentro da súa programación de maio: Ioga e brunch con Nu...

Fecha de inicio

Domingo, 31 de Maio de 2026

Lugar

Camping Lago-Mar

IX BTT Os Picos de Mazaricos

A IX BTT Os Picos de Mazaricos celebrarase o 31 de maio de 2026 como unha nova oportunidade para goz...

Fecha de inicio

Domingo, 31 de Maio de 2026

Lugar

Mazaricos

XI Certame Asunción Antelo en Coristanco

O XI Certame Asunción Antelo en Coristanco regresa en maio de 2026 como unha nova cita coa creativid...

Fecha de inicio

Venres, 1 de Maio de 2026

Lugar

Concello de Coristanco
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.