2026
27
Marzo

Semana Santa en Laxe 2026

Cultura, Relixión
Laxe

Saber máis sobre Semana Santa en Laxe 2026

A Semana Santa en Laxe 2026 chega cunha programación cultural que convida a vivir estes días cunha mirada aberta á arte, á historia, á ciencia e á música. Entre o 27 de marzo e o 5 de abril, o concello propón un calendario variado para acompañar estas datas cunha oferta cultural pensada tanto para a veciñanza como para quen visite a vila durante estas xornadas.

Esta programación de Semana Santa en Laxe 2026 reúne exposicións, presentacións, charlas e concertos, ademais de varias xornadas de portas abertas no Museo do Mar. Un plan interesante para descubrir Laxe tamén desde a súa dimensión cultural, aproveitando a atmosfera especial que sempre se vive nestas datas.

Organiza o Concello de Laxe, a través da Concellería de Comercio, Hostalaría, Turismo e Cultura.

  • Venres 27 de marzo: apertura da mostra de pintura de Mercedes Ramos (arte con pedras), visitable desde o 27/03/2026 ata o 05/04/2026.
  • Sábado 28 de marzo: xornadas de portas abertas no Museo do Mar de Laxe e, ás 18:00 h, presentación do libro “A Semana Santa en Laxe: 288 anos de devoción popular”, de Diego Piay Augusto.
  • Domingo 29 de marzo: ás 18:00 h, charla sobre o eclipse solar do 12 de agosto de 2026, a cargo de Jorge Mira Pérez, físico e investigador.
  • Luns 30 de marzo: ás 18:00 h, conferencia “Os fomentadores cataláns en Laxe: a familia Domenech”, impartida por Luis Gidás, profesor de Historia.
  • Martes 31 de marzo: ás 18:00 h, charla “O legado científico do xeólogo Isidro Parga Pondal”, por Augusto Pérez Alberti, investigador e catedrático de Xeografía Física da Universidade de Santiago entre 1999 e 2018.
  • Mércores 1 de abril: ás 18:00 h, concerto de piano de Cristián Leggiero.
  • Sábado 4 de abril: xornadas de portas abertas no Museo do Mar de Laxe.

Horario de apertura do Museo do Mar de Laxe:
Venres 27 de marzo, de 17:00 a 20:00 h.
Do sábado 28 ao sábado 4 de abril, de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h.
Domingo 5 de abril, de 11:00 a 14:00 h.

Programa da Semana Santa 2026 en Laxe

Máis detalles sobre Semana Santa en Laxe 2026

Data de inicio

Venres, 27 de Marzo de 2026

Data de fin

Domingo, 5 de Abril de 2026

Lugar de celebración

Laxe

Se desexas que o teu evento salga publicado neste web envíanos un email a
comunicacion@visitacostadamorte.com cos datos completos.

Cultura, deportes, festas…

Próximos eventos na Costa da Morte

Concerto homenaxe a Marcial del Adalid en Vimianzo

A Casa da Cultura de Vimianzo acollerá un concerto homenaxe a Marcial del Adalid con motivo do bicen...

Fecha de inicio

Sábado, 27 de Xuño de 2026

Lugar

Casa da Cultura de Vimianzo

Sardiñada e churrascada 2026 en Estramil

A Sardiñada e churrascada 2026 en Estramil, no concello da Laracha, celebrarase o sábado 27 de xuño ...

Fecha de inicio

Sábado, 27 de Xuño de 2026

Lugar

Estramil

Música e poesía con Marcos Coll e Rosalía Fernández Rial en Fisterra

A proposta Música e poesía con Marcos Coll e Rosalía Fernández Rial celebrarase o sábado 27 de xuño ...

Fecha de inicio

Sábado, 27 de Xuño de 2026

Lugar

Bela Fisterra

Submarinismo con José Manuel Carballo e Suso Casais en Muxía

O ciclo Anteonte e Pasadomañán chega á súa duodécima entrega cun novo encontro no Camping Lago-Mar d...

Fecha de inicio

Sábado, 27 de Xuño de 2026

Lugar

Camping Lago-Mar

X Legua Irmandiña

A X Legua Irmandiña celebrarase o sábado 27 de xuño de 2026 en Vimianzo, cunha edición moi especial:...

Fecha de inicio

Sábado, 27 de Xuño de 2026

Lugar

Vimianzo

San Pedro 2026 en Nantón

As Festas de San Pedro 2026 en Nantón, no concello de Cabana de Bergantiños, celebraranse o sábado 2...

Fecha de inicio

Sábado, 27 de Xuño de 2026

Lugar

Nantón - Cabana

Rockin’ Carballo 2026

O Rockin’ Carballo 2026 celebrarase o 27 de xuño cunha nova edición pensada para os amantes da músic...

Fecha de inicio

Sábado, 27 de Xuño de 2026

Lugar

Carballo

Conferencia sobre arqueoloxía subacuática en Corme

O MACCMO de Corme acollerá a conferencia “Arqueoloxía subacuática e futuro dos parques de arqueoloxí...

Fecha de inicio

Sábado, 27 de Xuño de 2026

Lugar

Museo de Arte Contemporánea Costa da Morte

San Xoán 2026 en Carballo

O San Xoán 2026 en Carballo celebrarase do 22 ao 28 de xuño, enchendo a vila co ambiente dunha das c...

Fecha de inicio

Luns, 22 de Xuño de 2026

Lugar

Carballo
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg