O programa de Nadal 2025 en Dumbría converterá as Casas Culturais nun gran punto de encontro familiar, con actividades para que a rapazada leve as súas cartas a Papá Noel, ao Apalpador ou aos Reis Magos. Durante varios días de decembro e comezos de xaneiro haberá obradoiros, espectáculos de maxia, circo, contacontos e visitas moi especiais nas diferentes parroquias do concello.
Conexión con Papá Noel dende as cinco aulas de informática, de 16:00 a 20:00 h: luns 15 en O Ézaro, martes 16 en Olveira, mércores 17 en Buxantes, xoves 18 en Berdeogas e venres 19 en O Conco.
Talleres de manualidades infantís de madeira, con Muxiarte, de 18:00 a 19:00 h: luns 15 en O Conco, martes 16 en Berdeogas, mércores 17 en O Ézaro, xoves 18 en Olveira e venres 19 en Buxantes.
Casas Culturais abertas os días 22, 23, 26 e 30 de decembro e o 2 de xaneiro, con obradoiros de manualidades e xogos de mesa: de 10:00 a 14:00 h en Olveira, O Ézaro, Berdeogas e Buxantes e de 16:00 a 20:00 h en O Conco (Berdeogas e Buxantes estarán pechadas o día 2).
Obradoiros de cociña para nenas e nenos: luns 22 en Olveira (11:00 h); martes 23 en Berdeogas (11:00 h) e en Bustelo (16:00 h, con manualidades); venres 26 en Buxantes (11:00 h); martes 30 en O Conco (16:00 h) e venres 2 en O Ézaro (11:00 h).
Tardes de actuacións ás 18:00 h: luns 22 en O Conco con maxia do Mago Dani García; martes 23 en Buxantes con contacontos Mundos Contados. Talia; venres 26 en Berdeogas con música e contos de A elfa Carmiña; martes 30 en O Ézaro con “Contos no Nadal” de Vero Rilo; e venres 2 en Olveira con circo de Zirco Txosko.
Luns 29 de decembro: Festa Infantil no Conco, de 11:00 a 17:00 h, con xogos, música, manualidades, xantar, transporte e circo con Pista Catro (Rede Cultural da Deputación). É imprescindible entregar a solicitude para a festa antes do día 19 no Concello ou nas Casas Culturais.
Domingo 5 de xaneiro: Visita dos Reis Magos ás Casas Culturais, cos Reis Magos percorrendo o concello: 16:00 h Berdeogas, 16:30 h Olveira, 17:00 h Buxantes, 17:40 h O Ézaro, 18:20 h Bustelo e 18:40 h O Conco.
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!