O venres 31 de outubro de 2025, o Pavillón Municipal Víctor Vigo de Camariñas converterase nun auténtico escenario de maxia, diversión e un chisco de medo coa celebración da Festa Infantil de Samaín, organizada polo Concello de Camariñas en colaboración coa Comisión de Festas do Carme.
De 17:00 a 20:00 h, os máis pequenos poderán gozar dunha tarde chea de actividades: inchables, obradoiro de momias e tatuaxes, karaoke, xogos populares e deportivos, pasarela de disfraces e moito máis. Todo nun ambiente festivo pensado para estimular a creatividade e a participación infantil.
E como non podía faltar nun Samaín, haberá tamén unha “comida de medo” con algodón de azucre, chocolate, pasteis, sandwiches, gominolas e un ponche terrorífico para repoñer forzas despois de tanta diversión. Un plan perfecto para celebrar o Samaín en familia e pasar unha tarde inesquecible en Camariñas.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Pavillón Victor Vigo Camariñas
Se desexas que o teu evento salga publicado neste web envíanos un email a
comunicacion@visitacostadamorte.com cos datos completos.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!