Saber máis sobre Volven as visitas guiadas de verán a Brandomil
O Concello de Zas e a Fundación Brandomil volven poñer en marcha o programa de visitas guiadas gratuítas a Brandomil, unha proposta xa consolidada no calendario cultural da Costa da Morte e que ten como obxectivo achegar á cidadanía o rico legado patrimonial desta contorna.
Este verán as visitas serán os luns, mércores e venres ás 12:00 h, entre o 15 de xuño e o 31 de agosto, aumentando así a frecuencia con respecto a anos anteriores. É preciso inscribirse previamente no formulario https://bit.ly/visitasbrandomil25 ou chamando ao 981 71 80 56. Ademais, ofértanse visitas concertadas para grupos noutros días.
Unha oportunidade única para coñecer a historia viva de Brandomil e contribuír á súa posta en valor e conservación.
Máis detalles sobre Volven as visitas guiadas de verán a Brandomil
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!